1
Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus.
2
Este home foi onde Xesús de noite e díxolle: "Mestre, sabemos que ti es un enviado de Deus, porque ninguén pode facer os sinais que Ti fas se non está Deus con el".
3
Respondeulle Xesús: "En verdade, en verdade che digo, se non naces de novo, non poderás ver o reino de Deus".
4
Díxolle Nicodemo: "Como pode alguén volver nacer sendo vello? Acaso pode entrar outra vez no seo da súa nai e nacer?
5
Respondeulle Xesús: "Asegúroche que todo o que non naza da auga e o Espírito non pode entrar no reino de Deus.
6
O que naceu da carne é carne, e o que naceu do Espírito é espírito.
7
Non te estrañe que eu te dixera: tes que nacer de novo.
8
O vento sopra onde quere e ti séntelo zoar, mais non sabes de onde ven e para onde vai. Así mesmo é quen naceu do Espírito.
9
Replicoulle Nicodemo: "Como pode suceder iso?"
10
Díxolle Xesús:: Ti es mestre de Israel e non o sabes?
11
En verdade, em verdade che digo, falamos do que sabemos e testemuñamos do que vimos, pero vós non queredes aceptar o noso testemuño.
12
Faleivos de cousas terreas e non credes, como ides crer as cousas celestiais ?
13
Ninguén subiu ao ceo fora de Aquel que descendeu do ceo: o Fillo do Home.
14
Como Moisés alzou a serpente no deserto, así será levantado o Fillo do Home
15
para que todo o que cre nel, teña vida eterna.
16
Pois de tal xeito amou Deus ao mundo que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo aquel que cre nel non se perda, mais teña vida eterna.
17
Porque non enviou Deus o seu Fillo o mundo para xulgalo, senón para salvalo por medio del.
18
Todo o que cre nel non é xulgado, mais quen non cre xa foi xulgado por non crer no único Fillo de Deus.
19
Nisto consiste o xuizo: a luz veu ao mundo e as persoas amaron máis as tebras que a luz, porque os seus feitos eran malos.
20
Todo aquel que fai o mal odia a luz e non vén cara a ela porque todos verán os seus feitos.
21
Mais aquel que practica a verdade si vén cara a luz para que se vexan os seus feitos, porque veñen de Deus.
22
Mais tarde, Xesús e os seus discípulos foron até Xudea. Alí pasou algún tempo con eles e bautizaba..
23
Xoán tamén bautizaba en Enom, perto de Salim, porque había alí moita auga e viñan moitos a se bautizar,
24
porque todavía non levaran a Xoán á cadea.
25
Entón levantouse unha porfía entre algúns dos discípulos de Xoán e os xudeus, a propósito do lavamento ceremonial para ser aceptados por Deus.
26
Foron onda Xoán e dixéronlle: "Mestre, aquel que estaba contigo no outro lado do río, de quen deches testemuño, está a bautizar e todos van detrás del"
27
Respondeulles Xoán: "ninguén pode receber nada se non lle vén dado do ceo.
28
Vós podedes testemuñar de que vos dixen: eu non son o Mesías, eu son somentes o enviado diante del"
29
A esposa tena o esposo; pero o amigo do esposo, o que está ao seu carón e o escoita, alégrase dun xeito inmenso ao escoitar a voz do esposo. Así a miña alegría é completa.
30
El debe medrar e eu diminuir.
31
Quen vén do ceo está por riba de todos. Quen ven da terra, da terra é e fala cousas da terra. O que ven do ceo está sobre todos.
32
El dá testemuño do que viu e escoitou, mais ninguén acepta o seu testemuño.
33
Quen acepta o seu testemuño confirma que Deus é verdade.
34
Porque Aquel a quen Deus enviou fala as palabras de Deus. Porque Deus non dá o Espírito dun xeito medido.
35
O Pai ama o Fillo e púxolle todas as cousas na súa man.
36
Quen cre no Fillo ten vida eterna, mais aquel que desobedece o Fillo non verá a vida, senón que a ira de Deus está sobre el"