1
O terceiro día houbo un casamento en Caná de Galilea, e a nai de Xesús estaba alí.
2
Xesús e os seus discípulos foron convidados ao casamento
3
Cando o viño se esgotou, a nai de Xesús díxolle: "Non che teñen viño".
4
Xesús contestoulle: "Muller, que teño contigo nisto? Aínda non chegou a miña hora".
5
A súa nái díxolle aos que servían: "Facede todo o que el vos diga".
6
Había alí seis baldes de pedra, usados para o lavado ceremonial dos xudeus, en cada balde entraban máis de setenta litros.
7
Xesús ordenoulles: "Hai que encher de auga os baldes". Eles enchéronos ata fartar.
8
Entón díxolles aos que servían: "Sacade un pouco e levádello o mestre-sala. E eles foron ben mandados.
9
O mestre-sala probou a auga que se convertira en viño sen saber donde viña (aínda que os que servían, que tiñan sacado a auga, si o sabían), falou co noivo
10
e díxolle: "Todo o mundo serve primeiro o bo viño e cando xa beberon dabondo, presenta o máis barato. Mais ti gardaches o mellor viño para o final"
11
Este sinal foi o principio de todos os sinais que Xesús fixo en Caná de Galilea manifestando a súa gloria, e creron nel os seus discípulos.
12
Despois disto, Xesús, súa nai, os seus irmáns e os seus discípulos descenderon a Capernaúm e quedáronse alí varios días.
13
Estaba a chegar a Pascua dos xudeus e Xesús subiu a Xerusalém.
14
Atopou no templo os vendedores de bois, ovellas e pombas, xunto aos cambistas de diñeiro alí sentados.
15
Fixo un látego con cordas, e botounos a todos do templo coas ovellas e os bois. Desparramou os cartos e volcou as mesas dos cambistas.
16
Díxolles aos que vendían as pombas: "Arredádeme de aqui todo isto. A casa do meu Pai non é un mercado"
17
Lembráronse os seus discípulos do que estaba escrito: "O celo da túa casa estáme a consumir".
18
Entón os xudeus preguntáronlle: "Que sinal podes amosar para dar razón do que fas?
19
Respondeulles Xesús: "Derrubade este tempo e levantareino en tres días".
20
Replicáronlle entón as autoridades xudías: "Levounos corenta e seis anos construir este templo e ti halo levantar en tres días?"
21
Mais el falaba do templo do seu corpo.
22
De tal xeito que, cando foi resucitado de entre os mortos, os seus discípulos lembraron o que el lles tiña anunciado e creron na Escritura e na palabra que Xesús lles falou.
23
Estando Xesús en Xerusalém, na festa da Pascoa, moitos creron nel vendo os milagres que el facía.
24
Mais Xesús non confiaba neles porque os coñecía a todos.
25
Non necesitaba que ninguén lle dixera nada sobre eles, porque coñecía o que había no corazón de todos.