\r\n
\r\n\r\n1\r\nNo principio existía a Palabra e a Palabra estaba con Deus, e a Palabra era Deus. \r\n\r\n\r\n2\r\nAquel que era a Palabra estaba no principio con Deus. \r\n\r\n\r\n3\r\nTodo foi feito por el, e sen el non se fixo nada do que foi feito.\r\n\r\n\r\n4\r\nNel estaba a vida e a vida era a luz das persoas. \r\n\r\n\r\n5\r\nA luz brilla na escuridade, e a escuridade non a deu apagado.\r\n\r\n\r\n6\r\nHoubo un home enviado de Deus que se chamaba Xoán. \r\n\r\n\r\n7\r\nEl veu como testemuña para testemuñar da luz, para que todos cresen por el. \r\n\r\n\r\n8\r\nXoán non era a luz, pero chegou para mostrar a todos quen é a luz\r\n\r\n\r\n9\r\nEra a luz verdadeira, que ao vir ao mundo, alumea a todas as persoas que veñen ao mundo\r\n\r\n\r\n10\r\nEl estaba no mundo e o mundo foi feito por medio del pero o mundo non o recoñeceu. \r\n\r\n\r\n11\r\nVeu ao que era de seu, pero os seus non o receberon.\r\n\r\n\r\n12\r\nMais a todos os que o receberon, aos que cren no seu nome deulles o poder de seren fillos de Deus. \r\n\r\n\r\n13\r\nEstes non naceron de sangue nen da súa propia vontade, nen da vontade doutras persoas, senón de Deus.\r\n\r\n\r\n14\r\nE a Palabra fíxose carne e plantou a súa tenda entre nós, e nós vimos a súa gloria, gloria como de Único que ven do Pai, cheo de graza e de verdade. \r\n\r\n\r\n15\r\nXoán da testemuño del proclamando: \"Este é de quen eu vos dixen: O que ven despois de min é antes ca min, porque el existía primeiro que eu.\r\n\r\n\r\n16\r\nPorque da súa plenitude recebemos todos nós, e graza sobre graza, \r\n\r\n\r\n17\r\nporque a lei foi dada a través de Moisés; a graza e a verdade viñeron por medio de Xesús Cristo. \r\n\r\n\r\n18\r\nA Deus ninguén o viu xamais, o Único que vive no seo do Pai, el foi quen nolo revelou.\r\n\r\n\r\n19\r\nE este é o testemuño de Xoán, cando os xudeus enviáronlle de Xerusalén sacerdotes e levitas para lle preguntar: Quen es ti, quen ves sendo? \r\n\r\n\r\n20\r\nEl confesou e non negou: \"Eu non son o Mesías\". \r\n\r\n\r\n21\r\nPreguntáronlle: Entón quen es ti? Elias? El dixo: \"Non son\"- Ti es o profeta? Respondeu: \"Non\".\r\n\r\n\r\n22\r\nEntón eles dixéronlle: Ti quen es? para que lles poidamos dar unha resposta a aqueles que nos enviaron. Que nos dis de ti mesmo? \r\n\r\n\r\n23\r\nEl dixo: \"Eu son unha voz que clama no deserto: \"Preparade o camiño do Señor\", como dixo o profeta Isaías\"\r\n\r\n\r\n24\r\nOs que foron enviados eran fariseos, \r\n\r\n\r\n25\r\ne preguntáronlle: \"Por que estás a bautizar se non es ti o Cristo, nen Elías nen o profeta?\r\n\r\n\r\n26\r\nXoán respondeulles: \"Eu bautizo con auga; mais entre vós está un que non coñecedes; \r\n\r\n\r\n27\r\no que vén despois de min, a quen eu non son digno de desatar a correa das súas sandalias\". \r\n\r\n\r\n28\r\nEstas cousas aconteceron en Betania ao outro lado do río Xordán, onde Xoán bautizaba.\r\n\r\n\r\n29\r\nO día seguinte, Xoán viu a Xesús achegándose cara a el e dixo: \"Velaí o Año de Deus que quita o pecado do mundo! \r\n\r\n\r\n30\r\nEste é de quen eu vos dixen: \"Despois de min ven un home que é antes que eu, porque existía primeiro ca min. \r\n\r\n\r\n31\r\nEu non o coñecía, mais para iso eu bautizo con auga para que el sexa manifestado a Israel\"\r\n\r\n\r\n32\r\nXoán deu testemuño dicindo: \"Eu vin ao Espírito baixar do ceo como unha pomba que se pousaba e permanecía sobre el. \r\n\r\n\r\n33\r\nEu non o coñecía, pero o que me enviou bautizar con auga díxome: \"Sobre quen vexas o Espírito descer e permanecer sobre el, ese é o que bautiza no Espírito Santo: \r\n\r\n\r\n34\r\nEu vin iso e son testemuña de que este é o Fillo de Deus\"\r\n\r\n\r\n35\r\nDe novo, no día seguinte, mentres Xoán estaba con dous dos seus discípulos e, \r\n\r\n\r\n36\r\nvendo a Xesús pasar, dixo: \"Velaí o Año de Deus\"\r\n\r\n\r\n37\r\nCando os dous discípulos escoitaron iso, seguiron a Xesús. \r\n\r\n\r\n38\r\nEntón Xesús volveuse e vendo que eles o seguían, díxolles: \"Que buscades?\" Eles respondéronlles: \"Rabí (que significa mestre), Onde moras? \r\n\r\n\r\n39\r\nEl díxolles: \"Vinde e ollade\". Eles foron logo e viron onde vivía; e quedáronse con el ese día, porque era a hora décima. \r\ncontra as catro da tarde para nós\r\n\r\n\r\n40\r\nUn dos discípulos que escoitou a Xoán e de seguido foi con Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. \r\n\r\n\r\n41\r\nO primeiro con quen se atopou foi o seu irmán Simón e díxolle: \"Encontramos o Mesías (que se traduce como Cristo). \r\n\r\n\r\n42\r\nEntón levouno a Xesús. Cando Xesús o viu, díxolle: \"Ti es Simón, o fillo de Xoán. Chamaraste Cefas\" (que se traduce por Pedro).\r\n\r\n\r\n43\r\nNo día seguinte, cando Xesús saiu para Galilea, atopou a Felipe e díxolle: \"Sígueme\". \r\n\r\n\r\n45\r\nFelipe era de Betsaida, a vila de Andrés e de Pedro. \r\n\r\n\r\n44\r\nFelipe encontrou a Natanael e díxolle: \"Atopamos Aquel de quen escribiron na lei Moisés e máis os profetas, a Xesús, o fillo de Xosé de Nazaret\"\r\n\r\n\r\n46\r\nNatanael díxolle: \"Poderá sair cousa boa de Nazaret?\" Felipe díxolle: \"Ven e verás!\". \r\n\r\n\r\n47\r\nViu Xesús a Natanael aproximándose a el e dixo: \"Aí tedes a un verdadeiro israelita, en quen non hai engano!\" \r\n\r\n\r\n48\r\nPreguntoulle Natanael: \"De que me coñeces?\" Xesús díxolle: \"Antes de que Felipe te chamara, eu vinte cando estabas debaixo da figueira\"\r\n\r\n\r\n49\r\nRespondeulle Natanael: \"Rabí, ti es o Fillo de Deus! Ti es o Rei de Israel! \r\n\r\n\r\n50\r\nDíxolle Xesús: \"Porque che dixen:\"Vinte debaixo da figueira, cres? Cousas máis grandes verás!\" \r\n\r\n\r\n51\r\nE díxolles a todos: \"En verdade, en verdade vos digo: veredes o ceo aberto e os anxos de Deus subindo e baixando sobre o Fillo do Home\"\r\n\r\n
\r\n\r\n1 No principio existía a Palabra e a Palabra estaba con Deus, e a Palabra era Deus. 2 Aquel que era a Palabra estaba no principio con Deus. 3 Todo foi feito por el, e sen el non se fixo nada do que foi feito. 4 Nel estaba a vida e a vida era a luz das persoas. 5 A luz brilla na escuridade, e a escuridade non a deu apagado. 6 Houbo un home enviado de Deus que se chamaba Xoán. 7 El veu como testemuña para testemuñar da luz, para que todos cresen por el. 8 Xoán non era a luz, pero chegou para mostrar a todos quen é a luz 9 Era a luz verdadeira, que ao vir ao mundo, alumea a todas as persoas que veñen ao mundo 10 El estaba no mundo e o mundo foi feito por medio del pero o mundo non o recoñeceu. 11 Veu ao que era de seu, pero os seus non o receberon. 12 Mais a todos os que o receberon, aos que cren no seu nome deulles o poder de seren fillos de Deus. 13 Estes non naceron de sangue nen da súa propia vontade, nen da vontade doutras persoas, senón de Deus. 14 E a Palabra fíxose carne e plantou a súa tenda entre nós, e nós vimos a súa gloria, gloria como de Único que ven do Pai, cheo de graza e de verdade. 15 Xoán da testemuño del proclamando: "Este é de quen eu vos dixen: O que ven despois de min é antes ca min, porque el existía primeiro que eu. 16 Porque da súa plenitude recebemos todos nós, e graza sobre graza, 17 porque a lei foi dada a través de Moisés; a graza e a verdade viñeron por medio de Xesús Cristo. 18 A Deus ninguén o viu xamais, o Único que vive no seo do Pai, el foi quen nolo revelou. 19 E este é o testemuño de Xoán, cando os xudeus enviáronlle de Xerusalén sacerdotes e levitas para lle preguntar: Quen es ti, quen ves sendo? 20 El confesou e non negou: "Eu non son o Mesías". 21 Preguntáronlle: Entón quen es ti? Elias? El dixo: "Non son"- Ti es o profeta? Respondeu: "Non". 22 Entón eles dixéronlle: Ti quen es? para que lles poidamos dar unha resposta a aqueles que nos enviaron. Que nos dis de ti mesmo? 23 El dixo: "Eu son unha voz que clama no deserto: "Preparade o camiño do Señor", como dixo o profeta Isaías" 24 Os que foron enviados eran fariseos, 25 e preguntáronlle: "Por que estás a bautizar se non es ti o Cristo, nen Elías nen o profeta? 26 Xoán respondeulles: "Eu bautizo con auga; mais entre vós está un que non coñecedes; 27 o que vén despois de min, a quen eu non son digno de desatar a correa das súas sandalias". 28 Estas cousas aconteceron en Betania ao outro lado do río Xordán, onde Xoán bautizaba. 29 O día seguinte, Xoán viu a Xesús achegándose cara a el e dixo: "Velaí o Año de Deus que quita o pecado do mundo! 30 Este é de quen eu vos dixen: "Despois de min ven un home que é antes que eu, porque existía primeiro ca min. 31 Eu non o coñecía, mais para iso eu bautizo con auga para que el sexa manifestado a Israel" 32 Xoán deu testemuño dicindo: "Eu vin ao Espírito baixar do ceo como unha pomba que se pousaba e permanecía sobre el. 33 Eu non o coñecía, pero o que me enviou bautizar con auga díxome: "Sobre quen vexas o Espírito descer e permanecer sobre el, ese é o que bautiza no Espírito Santo: 34 Eu vin iso e son testemuña de que este é o Fillo de Deus" 35 De novo, no día seguinte, mentres Xoán estaba con dous dos seus discípulos e, 36 vendo a Xesús pasar, dixo: "Velaí o Año de Deus" 37 Cando os dous discípulos escoitaron iso, seguiron a Xesús. 38 Entón Xesús volveuse e vendo que eles o seguían, díxolles: "Que buscades?" Eles respondéronlles: "Rabí (que significa mestre), Onde moras? 39 El díxolles: "Vinde e ollade". Eles foron logo e viron onde vivía; e quedáronse con el ese día, porque era a hora décima. contra as catro da tarde para nós 40 Un dos discípulos que escoitou a Xoán e de seguido foi con Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. 41 O primeiro con quen se atopou foi o seu irmán Simón e díxolle: "Encontramos o Mesías (que se traduce como Cristo). 42 Entón levouno a Xesús. Cando Xesús o viu, díxolle: "Ti es Simón, o fillo de Xoán. Chamaraste Cefas" (que se traduce por Pedro). 43 No día seguinte, cando Xesús saiu para Galilea, atopou a Felipe e díxolle: "Sígueme". 45 Felipe era de Betsaida, a vila de Andrés e de Pedro. 44 Felipe encontrou a Natanael e díxolle: "Atopamos Aquel de quen escribiron na lei Moisés e máis os profetas, a Xesús, o fillo de Xosé de Nazaret" 46 Natanael díxolle: "Poderá sair cousa boa de Nazaret?" Felipe díxolle: "Ven e verás!". 47 Viu Xesús a Natanael aproximándose a el e dixo: "Aí tedes a un verdadeiro israelita, en quen non hai engano!" 48 Preguntoulle Natanael: "De que me coñeces?" Xesús díxolle: "Antes de que Felipe te chamara, eu vinte cando estabas debaixo da figueira" 49 Respondeulle Natanael: "Rabí, ti es o Fillo de Deus! Ti es o Rei de Israel! 50 Díxolle Xesús: "Porque che dixen:"Vinte debaixo da figueira, cres? Cousas máis grandes verás!" 51 E díxolles a todos: "En verdade, en verdade vos digo: veredes o ceo aberto e os anxos de Deus subindo e baixando sobre o Fillo do Home"