1
Cando o Señor entendeu que os fariseos ouviran que el facía e bautizaba máis discípulos que Xoán
2
( aínda que Xesús non bautizaba senón aos seus discípulos)
3
el deixou Xudea e voltou para Galilea.
4
Pero precisaba pasar por Samaria.
5
Entón chegou a unha cidade de Samaria, chamada Sicar, xunto á herdanza que Xacob lle dera ao seu fillo Xosé
6
Alí encontrábase o pozo de Xacob. Xesús estaba canso de camiñar e sentouse ao carón do pozo. Era chegando a hora sexta
contra a 12 da mañán para nós
.
7
Unha muller samaritana veu tirar auga, e Xesús díxolle "Dame un pouco de auga para beber".
8
Porque os seus discípulos foran á cidade para mercar comida.
9
Entón a muller samaritana díxolle: sendo ti xudeu, como é que me pides que che dé de beber, ao saber que son muller samaritana?. Porque os xudeus e os samaritanos non se levan ben.
10
Xesús contestoulle: "se soubeses do regalo de Deus, e quen é o que che di: "dame de beber"; ti pediríaslle a el, e el daríache auga viva.
11
A muller respondeulle: " Señor, non tes con que tirala, e o pozo é fondo. Entón, onde tes a auga viva?.
12
Es ti maior que o noso pai Xacob, que nos deu este pozo, e do que bebeu el, os seus fillos e os seus animais?
13
Xesús respondeulle e díxolle: calquera bebendo desta auga terá sede outra vez.
14
Porén, ao beber da auga que eu lle dou, non voltará ter sede, senón que a auga que eu lle dou, fará nel unha fonte de auga, que mana auga para vida eterna
15
A muller díxolle: "Señor dame desa auga para que eu non teña sede e non teña que vir aquí a tirala.
16
Xesús díxolle:" Vai chamar o teu marido e logo ven"
17
A muller contestoulle: Non teño home. Xesús respondeulle: dixeches ben: non teño home.
18
Porque tiveches cinco maridos e o que agora tes, non é o teu home; nisto dixeches verdade.
19
A muller díxolle: Señor ti es profeta.
20
Os nosos pais adoraron nesta montaña, pero ti dis que o lugar onde a xente debe adorar é Xerusalem.
21
Díxolle Xesús: "muller cre en min, que a hora virá, cando nen neste monte, nen en Xerusalém, adoraredes o Pai.
22
Vós adorades o que non sabedes; nós adoramos o que sabemos, porque a salvación vén dos xudeus.
23
Mais a hora chega, e agora é, cando os adoradores verdadeiros adorarán o Pai en espírito e verdade, porque o Pai está na procura de persoas así, para que o adoren.
24
Deus é espírito, e as persoas que o adoran deben adoralo en espírito e verdade."
25
A muller díxolle: "eu sei que o Mesías (que se chama Cristo) vai vir. Cando veña, ha nos explicar todas as cousas."
26
Xesús díxolle: Eu son, o que fala contigo.
27
Nese intre os seus discípulos voltaron. E admiráronse de que falara cunha muller, pero ningún lle preguntou: que lle queres? ou por que falas con ela?
28
Entón a muller deixou a súa ola, foi á cidade e díxolle aos homes.
29
Vinde e ollade a un home que me dixo todo o que tiña feito. Será este o Cristo?.
30
Eles saíron da cidade e foron xunto el.
31
Nese intre, os discípulos rogábanlle dicindo: "Rabí, come".
32
Pero el díxolles: Teño unha comida para comer que vós non sabedes.
33
Por tanto, os discípulos dicían entre eles: Alguén lle traería algo para comer?.
34
Xesús díxolles: a miña comida é cumprir a vontade de quen me enviou e realizar a súa obra.
35
Non dicides vós: " Aínda faltan catro meses para que veña a seitura?. Dígovolo agora: Ollade ben cos vosos ollos e mirade que os eidos están brancos para a seitura.
36
Pois o que recolle ten a súa paga e recolle froito para vida eterna, para que o que sementa e o que fai a seitura gocen xuntos.
37
Neste caso é verdadeiro o refrán: un sementa e outro colleita. Eu envieivos a seiturar o que non tiñades traballado;
38
outros xa o traballaron antes, e vós participades no seu traballo.
39
E moitos samaritanos daquela cidade creron nel pola palabra da muller que lles deu testemuño: díxome todo o que tiña feito.
40
Así que cando os samaritanos viñeron a el, rogábanlle que ficara con eles; e ficou alí dous días.
41
E moitos máis creron nel pola súa palabra.
42
E dicíanlle á muller: xa non acreditamos só polo que ti nos tes dito, porque nós mesmos ouvímolo del, e sabemos que este é en verdade o Salvador do mundo.
43
Pasados dous días marchou dalí para Galilea.
44
Porque Xesús mesmo dera testemuño de que a un profeta non se lle honra na súa terra.
45
Así, cando chegou a Galilea acollérono, pois tiñan visto todo o que fixera na festa, en Xerusalém; porque eles tamén foran á festa
46
Veu, pois, Xesús outra vez a Caná de Galilea, onde da auga fixera viño. E había un oficial do rei que tiña un fillo doente en Capernaúm.
47
Cando ouviu que Xesús chegara de Xudea a Galilea, foi xunto el, e rogoulle que baixase para curar o seu fillo, que estaba á morte.
48
Díxolle entón Xesús: se nón vedes sinais e milagres, non creredes.
49
O oficial díxolle: Señor, baixa antes de que o meu fillo morra.
50
Díxolle Xesús: marcha, o teu fillo vive. E o home acreditou na palabra que Xesús lle dixera, e marchou.
51
Cando el ía baixando, o seus servos saíron ao seu encontro e díronlle as novas dicindo: o teu fillo vive.
52
Así el preguntoulles a hora na que comezou a mellorar. E dixéronlle: onte ás sete deixou de ter febre.
53
Entón o pai decatouse de que esa era a hora na que Xesús dixera: O teu fillo vive, e creu nel con todos os da casa.
54
Xesús fixo este segundo sinal cando ía de Xudea a Galilea.