1
Chegou tamén a Derbe e a Listra. E estaba alí certo discípulo de nome Timoteo, fillo dunha muller xudía crente, pero de pai grego,
2
do que falaban moi ben os irmáns que estaban en Listra e en Iconio.
3
Pablo quixo que este fóra con el, e colleuno e circuncidouno por mor dos xudeus que había naqueles lugares, porque todos eran coñecedores de que o seu pai era grego.
4
E mentres ían pasando polas vilas, facíanlles entrega dos acordos aos que chegaran os apóstolos e os anciáns que estaban en Xerusalem, a fin de que os obedeceran.
5
Deste xeito eran confirmadas as igrexas na fe, e medraban en número.
6
Sendo impedidos polo Espírito Santo de falar a palabra en Asia, pasaron pola rexión de Frixia e Galacia,
7
e cando chegaron a Misia, procuraron ir a Bitinia, mais o Espírito de Xesús non llelo permitiu.
8
E pasando por Misia, baixaron a Troas.
9
Pola noitiña foille amosada unha visión a Pablo: un home de Macedonia estaba en pé, pregándolle e dicindo: Pasa a Macedonia e axúdanos.
10
Cando tivo a visión, procuramos ir a a Macedonia decontado, convencidos de que fora Deus quen os chamara para levarlles as boas novas.
11
Partindo de Troas, navegamos dirección a Samotracia, e ao día seguinte a Neápolis,
12
de alí a Filipos, que é unha vila principal da provincia de Macedonia, unha colonia; e quedamos nesta vila por varios días.
13
E no día de repouso, saímos da porta para fóra, á beira dun río, onde pensabamos que habería un lugar de oración: sentamos e empezamos a falarlles ás mulleres que se xuntaran.
14
E unha muller da vila de Tiatira chamada Lidia, vendedora de tecidos de púrpura, que adoraba a Deus, estaba a escoitar; e o Señor abriulle o seu corazón para que recibira o que Pablo dicía.
15
Cando ela e a súa familia, se bautizaron, rogounos dicindo: Se credes que son fiel ao Señor, achegádevos á miña casa e quedade alí. E convenceunos para ir.
16
E aconteceu que mentres íamos ao lugar de oración, saiu na nosa procura unha rapaza escrava que tiña espírito de adiviñación, e daba moitas ganancias aos seus amos, adiviñando.
17
Esta, seguindo a Pablo e a nós, berraba, dicindo: Estos homes son servos do Deus Altísimo, os que vos anuncian o camiño da salvación.
18
E viña facendo isto por moitos días: mais desagradando esto a Pablo, volveuse e díxolle ao espírito: ordénoche no nome de Xesús Cristo, que saias dela! e saiu nese mesmo intre.
19
Pero cando os seus amos viron que se lles fora a esperanza da súa ganancia, prenderon a Pablo e a Silas, a arrastráronos ata a praza, perante as autoridades;
20
e despois de presentalos aos maxistrados superiores, dixeron: Estos homes, sendo xudeus, alborotan a nosa vila,
21
e anuncian costumes que non nos está permitido admitir nen praticar, sendo nós romanos.
22
A multitude levantouse en contra deles, e os maxistrados superiores, rachándolles as roupas, mandaron que os zorregaran.
23
E despois de darlles moitas zorregadas, botáronos no cárcere, mandándolle ao carcereiro, que os custodiara con seguridade;
24
ao recibir esta orde, botounos no calabozo e aseguroulles os pés no cepo.
25
Como a medianoite, Pablo e Silas oraban e cantaban alabando con himnos a Deus, e os presos os escoitaban.
26
De súpeto, veu un terremoto, de xeito que os alicerces do cárcere foron sacudidos; ao momento abríronse todas as portas, e soltáronse as cadeas de todos.
27
Espertando o carecreiro e vendo abertas todas as portas do cárcere, sacou a súa espada para matarse, pois cría que os presos fuxiran.
28
Mais Pablo clamou a gran voz dicindo: Non te fagas mal algún, pois estamos todos aquí.
29
Entón el pediu luz, e adentrouse, e tremendo, botouse aos pés de Pablo e Silas,
30
e despois de sacalos, dixo: señores, que teño que facer para ser salvo?
31
Eles responderon: Cre no Señor Xesús, e serás salvo, ti e mailos teus.
32
E faláronlle a palabra do Señor a el e atodos os que estaban na súa casa.
33
E el recibíndoos naquela mesma noite, lavoulles as feridas, axiña foi bautizado, el e todos os seus.
34
E fixo que subiran ao seu fogar, e convidounos a comer, a alegrouse moitísimo por ter crido en Deus xunto cos seus.
35
Ao amencer, os maxistrados superiores, enviaron aos seus oficiais, dicindo: Solta a eses homes.
36
O carcereiro comunicoulle a Pablo a mesaxe: Os maxistrados superiores deron a orde de que se vos solte. Así que, saide agora e ide en paz.
37
Mais Pablo lles dixo: Mesmo que sendo romanos, fomos zorregados diante da xente sen facernos xuízo e botándonos no cárcere; e agora vannos soltar en segredo? Diso nada. Que veñan eles a sacarnos.
38
E os oficiais informaron aos maxistrados superiores, e ao saber que eran romanos, colleron medo.
39
Entón viñeron, e pregáronlles, e despois de sacalos, rogábanlles que sairan da cidade.
40
Cando sairon do cárcere foron á casa de Lidia, e ao ver aos irmáns, consoláronos e partiron.