1
Polo tanto, tendo nós este ministerio, segundo a misericordia que recibimos, non desmaiamos;
2
senón que renunciamos ás cousas que se fan ás agochadas con vergoña, sen encamiñarnos con astucia, nen adulterando a palabra de Deus, senón que nos recomendamos a toda conciencia humana na presenza de Deus, para expoñer con claridade a verdade.
3
Pero se o noso evanxeo tamén está velado, para os que se perden está velado,
4
nos que o deus deste mundo cegou o entendemento dos incrédulos, para que non lles resplandeza a luz do evanxeo da gloria de Cristo, quen é a imaxe de Deus.
5
Porque non nos predicamos a nós mesmos, senón a Xesús Cristo como Señor, pero a nós mesmos como os vosos servos por medio de Xesús.
6
Porque o Deus que dixo: "a luz resplandecerá da escuridade", é quen resplandeceu nos nosos corazóns para iluminación do coñecemento da gloria de Deus na face de Cristo.
7
Pero temos este tesouro en vasos de barro, para que a excelencia do poder sexa de Deus e non de noso, que
8
estamos atribulados en todo, mais non angustiados; en apuros, mais non desesperados;
9
perseguidos, mais non desamparados; derrubados, mais non destruídos.
10
Levando sempre no corpo a morte de Xesús por todas partes, para que tamén a vida de Xesús sexa manifestada no noso corpo.
11
Porque nós, os que vivimos, somos entregados á morte constantemente por mor de Xesús, para que tamén a vida de Xesús se manifeste no noso corpo mortal.
12
De xeito que a morte opera en nós, pero en vós, a vida.
13
Pero tendo o mesmo espírito de fe, conforme ao que está escrito: "crin, polo que tamén falei"; tamén nós tamén cremos, e tamén falamos;
14
sabendo que o que resucitou ao Señor Xesús, hanos resucitar a nós con Xesús, e presentaranos xuntamente convosco.
15
Porque tódalas cousas son para o voso ben, para que abundando a graza por medio de moitos, a gratitute sobreabunde para a gloria de Deus.
16
Polo tanto, non desmaiamos, máis ben, mesmo que o noso exterior se vai desgastando, o interior vaise renovando día a día.
17
Porque esta leve tribulación momentánea, produce en nós un cada vez máis excelente e eterno peso de gloria,
18
non poñendo a nosa mira nas cousas que se ven, senón nas que non se ven; porque as que se ven son temporais, pero as que non se ven son eternas.