Capítulo 8

1 E veu a palabra do Señor dos exércitos dicindo: 2 Así di o Señor dos exércitos: "Celei a Sión con grande celo, si, con grande furor a celei". 3 Así di o Señor: Voltarei a Sión e no medio de Xerusalém moraréi. E Xerusalém chamarase Cidade da Verdade, e o monte do Señor dos exércitos, Monte Santo" 4 Así di o Señor dos exécitos: "Ainda se sentarán anciáns e anciás nas rúas de Xerusalém, con cadanseu bastón na man por causa dos seus moitos días. 5 E as rúas da cidade encheranse de raparigos e raparigas que xogarán nas súas rúas". 6 Así di o Señor dos exércitos: "Si naqueles días isto parece moi difícil aos ollos do remanente deste pobo, será tamén moi difícil aos meus ollos?" -declara o Señor dos Exércitos. 7 Así di o Señor dos exécitos: "Velaquí salvarei ao meu pobo da terra do oriente e da terra onde se pon o sol; 8 e traereinos e habitarán no medio de Xerusalém; i eles serán o meu pobo i eu serei o seu Deus en verdade i en xustiza". 9 Así di o Señor dos exércitos: "Sexan fortes as vosas mans, vos que escoitades nestes días estas palabras da boca dos profetas, os cales falaron o día no que se puxeron os cimentos da casa do Señor dos exércitos para a reedificación do templo. 10 Porque antes daqueles días non había paga para home nin paga para o gando; e non había paz para o que saía ou entraba por mor do inimigo, i eu puxen a todolos homes uns contra os outros. 11 Pero agora eu non tratarei ao remanente deste pobo como nos días pasados"-declara o Señor dos Exércitos. 12 "Porque haberá semente de paz: a vide dará o seu froito, a terra dará o seu produto y os ceos darán o seu rocío; e farei que o remanente deste pobo herde todas estas cousas. 13 15 E sucederá que como fostes maldición entre as nacións, casa de Xudá e casa de Israel, así vos salvarei para que sexades bendición. Non temades, mais sexan fortes as vosas mans. 14 Porque así di o Señor dos exércitos: "Tal como me propuxen facervos mal cando os vosos pais me fixeron anoxar" -di o Señor dos exércitos- "e non me arrepentín, así me propuxen nestes días voltar a facer ben a Xerusalém e á casa de Xudá. Non temades! 16 Estas son as cousas que debedes facer: dicide a verdade uns aos outros, xulgade con verdade e con xuízo de paz nas vosas portas, 17 non tramedes no voso corazón o mal un contra o outro, nin amedes o xuramento falso, porque todas estas cousas son as que odio" -declara o Señor. 18 Entón a palabra do Señor dos Exércitos veu a min, dicindo: 19 Así di o Señor dos exércitos: "O xaxún do cuarto mes, o xaxún do quinto, o xaxún de sétimo e o xaxún do décimo converteranse para a casa de Xudá en gozo, alegría e festas alegres. Amade, pois, a verdade e a paz". 20 22 Así di o Señor dos exércitos: "E será que aínda virán pobos e habitantes de moitas cidades; 21 e os habitantes de unha irán a outra dicindo: "Imos sen demora a implora-lo favor do Señor, e a busca-lo favor do Señor dos exércitos. Eu tamén irei" E virán moitos pobos e nacións poderosas a buscar ó Señor dos exércitos en Xerusalem e a implorar o favor do Señor". 23 Así di o Señor dos exércitos: "naqueles días dez homes de todalas linguas das nacións asirán o vestido dun xudeu, dicindo: iremos con vos porque ouvimos que Deus está con vos"