Capítulo 7

1 E sucedeu que no ano cuarto do rei Darío veu a palabra do Señor a Zacarías o cuarto día do mes noveno, Quisleu. 2 A aldea de Betel enviara a Sarezer, a Regem-melec e aos seus homes a pregaren o favor do Señor, 3 e a falaren aos sacerdotes que eran da casa do Señor, e aos profetas dicindo: Debemos chorar no mes quinto e xaxuar como fixemos durante tantos anos? 4 Entón veu a min a palabra do Señor dos exércitos, dicindo: 5 Fala a todo o pobo da terra e aos sacerdotes e di: "cando xaxuabades e vos lamentabades no quinto e no sétimo mes durante estes setenta anos, xaxuabades en verdade por min? 6 E cando comedes e bebedes, non comedes e bebedes para vos mesmos? 7 Non son estas as palabras que o Señor proclamou polo medio dos antigos profetas, cando Xerusalém estaba habitada e próspera, coas súas cidades ó seu redor, e o Neguev e a terra baixa estaban habitados?" 8 Entón veu a palabra do Señor a Zacarias dicindo: 9 Así ten dito o Señor dos exércitos: Xuizo verdadeiro xulgade, e misericordia e compaixón practicade cada un co seu irmán. 10 "Non oprimades á viúva, ao orfo, ao estranxeiro nin ao pobre, nin tramedes o mal nos vosos corazóns uns contra os outros". 11 Pero eles refusaron escoitar e volveron as costas rebeldes e taparon os ouvidos para non ouvir. 12 E endureceron os seus corazóns coma o diamante, para non ouvir a lei nin as palabras que o Señor dos exércitos enviara polo seu Espírito por mediio dos antigos profetas; veu, logo, grande anoxo de parte do Señor dos Exércitos. 13 E aconteceu que, como eu clamara e eles non quixeron escoitar, así eles clamaron e eu non quixen escoitar -di o Señor dos exércitos- 14 senon que os espallei en rodopío entre tódalas nacions que non coñecían. E a terra foi desolada tras deles, sin que ninguén fora nin viñera; convertiron a terra desexable en desolación.