Capítulo 6

1 Alcei de novo os meus ollos e miréi, e velaquí catro carros que saían de entre os dous montes; e os montes eran montes de bronce. 2 Do primeiro carro tiraban cabalos vermellos, do segundo carro cabalos negros, 3 do terceriro carro cabalos brancos e do cuarto carro fortes cabalos grises. 4 Entón falei, e díxenlle ao anxo que falaba comigo: Qué son estes, señor meu? 5 E o anxo contestóume, e díxome: Estes son os catro ventos do ceo que saen despois de presentarse diante do Señor de toda a terra. 6 Con un deles saen os cabalos negros cara a terra do norte, e os brancos saen tras deles, mentras os grises saen cara a terra do sur. 7 Briosos saían, impacientes por ir a percorrer a terra. E Él dixo: Ide, percorrede a terra. E percorreron a terra. 8 Entón Él chamóume e faloume, dicindo: Mira, os que saen cara a terra do norte aplacan o meu espíritu na terra do norte. 9 E veu a palabra do Señor a min dicindo: 10 Toma ofrendas dos desterrados, de Heldai, de Tobias e de Xedaías; e o mesmo día vai e entra na casa de Josías, fillo de Sofonías, onde eles chegaron de Babilonia. 11 Toma prata e ouro e fai unha coroa e pona na cabeza do sumo sacerdote Xosué, fillo de Xosadac. 12 E fálalle, dicindo: Así di o Señor dos Exércitos: Velaquí un home cuxo nome e Renuevo , porque Él xermolará do lugar onde está, e reedificará o templo do Señor. 13 Si, Él reedificará o templo do Señor, e Él levará gloria e se sentará e gobernará no seu trono. Será sacerdote sobre o seu trono e haberá consello de paz entre os dous oficios. 14 A coroa será para Helem, Tobías, Xedaías e Hen, fillo de Sofonías, como recordo no templo do Señor. 15 E os que están lonxe virán e reedificaran o templo do Señor. Entón saberedes que o Señor dos Exércitos me enviou a vosoutros. Isto acontecerá se escoitades obedientes a voz do Señor o voso Deus.