Capítulo 5

1 Alcei de novo os meus ollos e mirei, e velaquí un rolo que voaba. 2 E díxome o anxo: Que ves? E respondín: Vexo un rolo que voa; a súa lonxitude e de vinte cóbados e a súa anchura de dez cóbados. 3 Entón díxome: Esta é a maldición que sae sobre a face de toda a terra; certamente todo o que rouba será destruido segundo o escrito nun lado; e todo o que xura será destruido segundo o escrito no outro lado. 4 Fareina sair -declara o Señor dos exércitos- e entrará na casa do ladrón e na casa do que xura polo meu nome en falso; e pasará a noite dentro da súa casa e consumiráa xunto coas súas madeiras e as súas pedras. 5 Saíu o anxo que falaba comigo e díxome: Alza agora os teus ollos e mira que é isto que sae. 6 E dixen: Que é? E dixo: isto é o efa que sae. E engadiu: esta e a iniquidade deles en toda a terra. 7 E velaquí unha tampa de chumbo foi levantada, e había unha muller sentada dentro do efa. 8 Entón dixo: Esta é a Maldade. E guindouna ao interior do efa e guindou a tampa de chumbo sobre a súa abertura. 9 Logo, alcei os ollos e mirei, e velaquí dúas mulleres que saían co vento nas suas ás; e tiñan ás como ás de cegoña, e alzaron o efa entre a terra e o ceo. 10 11 Díxenlle entón ao anxo que falaba comigo: onde andan a levar o efa? E respondeume: á terra de Sinar para edificarlle un templo; e cando esté preparado, será asentado alí sobre a súa base.