Capítulo 4

1 Entón o anxo que falaba comigo volveu y espertoume como un home que esperta dun soño. 2 E díxome: que ves? E respondín: Velaquí, vexo un candelabro todo de ouro cun depósito na parte superior, e as súas sete lámpadas enriba del con sete cubos para cada unha das lámpadas que ten enriba; 3 e ao seu carón hai dúas oliveiras, unha á dereita do depósito e outra a esquerda. 4 Continuei e díxenlle o anxo que falaba comigo. Que é isto meu señor? 5 Responde o anxo que falaba comigo e díxome : non sabes que é isto? E respondín: Non, señor meu. 6 . Continuou el e díxome: Esta é a palabra de IaVHeH a Zorobabel. Non por poder nin por forza, senón polo meu Espírito, di IaVHeH dos exército. 7 Quen es ti, oh gran monte? Ante Zorobabel, converteraste en chaira; e el sacará a pedra clave entre aclamacións de “Graza, graza a ela” 8 E veume palabra de IaVHeH dicindo: 9 As mans de Zorobabel puxeron os cementos desta casa e as súas mans rematarana. Entón saberedes que IaVHeH dos exércitos envioume a vós. 10 Pois quen desprezou o día das pequeneces? Estes sete alegraranse cando vexan o chumbeiro na man de Zorobabel, estes son os ollos de IaVHeH que percorren toda a terra.

11 Entón falei e díxenlle: Que son estas dúas oliveiras á dereita e á esquerda do candelabro? 12 Falei por segunda vez e díxenlle: Que son as dúas ramas de oliveira que están a carón dous tubos de ouro, que verten aceite dourado? 13 E respondeume dicindo: Non sabes que son estes? E eu dixen: Non, señor meu. 14 . Entón díxome: Estes son os unxidos que están de pé a carón de IaVHeH de toda a terra.