Capítulo 9

1 A profecía da palabra de Iahveh está contra da terra de Hadrac e sobre Damasco; porque a Iahveh deben mirar os ollos dos homes, e de tódalas tribus de Israel. 2 Tamén Hamat será comprendida no territorio deste; Tiro e Sidón ainda que señan moi sabias. 3 Ben que Tiro se edificou fortaleza, e amoreou prata como po e ouro como lama das rúas, 4 velaquí, o Señor a empobrecerá e ferirá no mar o seu poderío, i ela será consumida do lume 5 Ascalón verá e temerá; Gaza tamén, e doerase en grande maneira; así mesmo Ecrón, porque a súa esperanza será confundida; e perecerá o rei de Gaza, e Ascalón non será habitada. 6 Habitará en Asdod un estranxeiro, e poñerei fin a soberbia dos filisteos. 7 Quitarei o sangue da súa boca, e as súas abominacións de entre os seus dentes, e quedará tamén un remanente para o noso Deus, e serán como capitanes en Xudá, e Ecrón será como o xebuseo. 8 Entón acamparei arredor da miña casa como un garda, para que ninguén vaia nin veña, e non pasará máis sobre deles o opresor; porque ahora mirarei cos meus ollos. 9 Alédate moito, filla de Sion; da voces de xúbilo, filla de Xerusalém; velaquí o teu rei virá a ti, xusto e salvador, humilde, e cabalgando enriba dun asno, enriba dun burro fillo de asna. 10 E de Efraín destruiréi os carros, e os caabalos de Xerusalém, e os arcos de guerra serán quebrados; e falará paz as nacións, e o seu señorío será de mar a mar, e dende o río ata as fins da terra. 11 E ti tamén polo saquei do teu pacto serás salva; eu saquei os teus presos da cisterna na que non hai auga. 12 Volvédevos a fortaleza, oh prisionneiros de esperanza; hoxe tamén vos anuncio que vos restaurarei o dobre. 13 Porque entesei para min a Xudá como arco, e fixen a Efraín a sua frecha, y espertarei aos teus fillos, oh Sion, contra os teus fillos, oh Grecia, e poñereite como espada de valente. 14 E Iahveh será visto sobre deles, e o seu dardo salirá como lóstrego; e Iahveh o Señor tocará trompeta, e irá entre remuiño do austral. 15 Iahveh dos exércitos ampararaos, i eles devorarán, e esmagarán as pedras da fonda, e beberan, e farán estrépito como bébedos de viño; i encheranse como cunca, ou como cornos do altar. 16 E salvaraos naquel día Iahveh o seu Deus como rabaño do seu pobo; porque como pedras de diadema serán enaltecidos na súa terra. 17 Porque canta e a súa bondade, e canta a súa fermosura¡ O trigo aledará aos mozos, e o viño ás doncelas.