Capítulo 27

1 Non te gabes do día de mañá, porque non sabes o que traerá o día. 2 Que te louve outro, e non a túa boca; o estraño, e non os teus beizos. 3 Pesada é a pedra e peso gravoso é a area, pero a provocación do necio é máis pesada que as dúas. 4 Cruel é o furor e impetuosa a ira; pero quen poderá manterse en pé diante dos celos? 5 Mellor é a reprensión franca que o amor encuberto. 6 As feridas do amigo son leais, pero enganosos os bicos do inimigo. 7 Unha persoa farta aborrece o mel, pero para quen está famento ata o amargo é doce. 8 Coma un paxaro que vaga lonxe do seu niño, así é o home que marcha lonxe do seu fogar. 9 Os ungüentos e os perfumes alegran o corazón, e o doce consello do amigo endulza a alma. 10 Non abandones o teu amigo nin o amigo do teu pai, nin vaias á casa do teu irmán no día da túa desgraza. Mellor é un veciño preto ca un irmán lonxe. 11 Sé sabio, meu fillo, e alegra o meu corazón, para que eu poida responder a quen me avergoñe. 12 Unha persoa prudente ve o mal e afástase, mais os simples seguen adiante e pagan as consecuencias. 13 Toma a roupa do que sae fiador do estraño; e colle prenda do que se fía da muller descoñecida. 14 Quen bendice a berros a seu amigo na madrugada, serálle contado coma unha maldición. 15 Pinga continua no día de choiva é muller rifante, son semellantes; 16 querer contelas e coma refrear o vento, ou recoller o aceite coa man dereita. 17 O ferro afíase co ferro, así aguza un amigo o rostro do seu amigo. 18 O que coida a figueira comerá do seu froito, e o que atende ao seu señor será honrado. 19 Coma o rostro reflíctese na auga, así cada persoa reflíctese na súa concencia. 20 O Sheol e o Abadón nunca se sacian; tampouco se sacian os ollos do home. 21 O forno proba a prata e o crisol, o ouro, e cadaquén é probado pola boca de quén o louva. 22 Aínda que esmages co mazo ao necio nun morteiro, non poderás quitarlle a súa necedade. 23 Coñece ben a condición das túas ovellas, e fai caso do teu rabaño; 24 porque as riquezas non son eternas, nin perdurará a coroa por todas as xeracións. 25 Unha vez apañada a herba, vese o gromo, e a herba dos montes é seiturada. 26 As ovellas danche para a túa roupa, e as cabuxas para o prezo dun campo; 27 as cabras leite para o teu alimento, para o alimento da túa casa, e o sustento para as que traballan para ti.