Capítulo 5

1 Cando todos os reis dos amorreos que estaban ao occidente do Xordán, e todos os reis dos cananeos que estaban á beira do mar, oíron como Iahveh secara as augas do Xordán diante dos fillos de Israel ata que pasaron, acovardáronse os seus corazóns e non quedou xa alento neles por mor dos fillos de Israel. 2 Daquela Iahveh dixo a Xosué: Fai coitelos de pedra e circuncida por segunda vez aos fillos de Israel. 3 E Xosué fixo coitelos de pedra e circuncidou aos fillos de Israel no outeiro de Aralot 4 Esta é a razón pola que Xosué os circuncidou: Todos os do pobo que saíron de Exipto que eran varóns, todos os homes de guerra, morreron no deserto, polo camiño, despois que saíron de Exipto. 5 Porque todos os do pobo que saíron foron circuncidados; pero todos os do pobo que naceron no deserto, polo camiño, despois de saír de Exipto, non foran circuncidados. 6 Pois os fillos de Israel que andaron polo deserto corenta anos, ata que pereceu toda a nación, é dicir, os homes de guerra que saíron de Exipto porque non escoitaron a voz de Iahveh; a eles Iahveh xuroulles que non lles permitiría ver a terra que Iahveh lles xurarara aos seus pais que nos había de dar, unha terra que deita leite e mel. 7 E aos seus fillos , que El levantou no seu lugar, Xosué circuncidóunos; pois eran incircuncisos, porque non os circuncidaran polo camiño 8 E sucedeu que cando acabaron de circuncidar a toda a nación, permaneceron nos seus lugares no campamento ata que sandaron. 9 Entón Iahveh dixo a Xosué: Hoxe quitei de vós o oprobio de Exipto. Por iso aquel lugar foi chamado Gilgal, ata hoxe 10 Estando os fillos de Israel acampados en Gilgal, celebraron a Pascua na noite do día catorce do mes, nas chairas de Xericó. 11 E no día seguinte da Pascua, ese mesmo día, comeron do produto da terra, pans ácimos, e cereais torrados 12 E o maná cesou o día despois que comeran o produto da terra, e os fillos de Israel non tiveron máis maná, senón que comeron do produto da terra de Canaán durante aquel ano 13 E sucedeu que cando Xosué estaba preto de Xericó, alzou os ollos e mirou, e velaquí, un home que estaba diante del, cunha espada desenvaiñada na súa man, e Xosué achegóuselle díxolle: "Es dos nosos ou dos nosos inimigos?" 14 E el respondelle: "Non; eu veño agora como capitán do exército de Iahveh" .E Xosué, caeu de xionllos en terra, e fíxolle reverencia; e díxolle: ""Que di o meu señor ao seu servo? " 15 Entón o capitán do exército de Iahveh dixo a Xosué: "Quita as sandalias dos teus pés, porque o lugar onde te atopas é santo". E así o fixo Xosué .