1 Pero Xericó moi ben pechada, por mor dos fillos de Israel; ninguén saía nin entraba . 2 E Iahveh dixo a Xosué: Mira, eu etreguei na túa man a Xericó e ao seu rei, cos seus valentes guerreiros. 3 Marcharedes ao redor da cidade todos os homes de guerra, rodeando a cidade unha vez. Así o farás durante seis días. 4 E sete sacerdotes levarán sete trompetas de corno de carneiro diante da arca; e ao séptimo día marcharedes arredor da cidade sete veces e os sacerdotes tocarán as trompetas 5 E sucederá que cando toquen un son prolongado co corno de carneiro, e cando oiades o son da trompeta, todo o pobo berrará a gran voz, e a muralla da cidade virá abaixo; entón o pobo subirá, cada home direito cara adiante 6 E Xosué, fillo de Nun, chamou aos sacerdotes e díxolles: Tomade a arca do pacto e que sete sacerdotes leven sete trompetas de corno de carneiro diante da arca de Iahveh. 7 Entón dixo ao pobo: Pasade e marchade ao redor da cidade e que os homes armados vaian diante da arca de Iahveh. 8 E suecedeu que despois que Xosué falara ao pobo, os sete sacerdotes que levaban as sete trompetas de corno se carneiro diante de Iahveh, adiantáronse e tocaron as trompetas; e a arca do pacto de Iahveh seguíaos. 9 Os homes armados ían diante dos sacerdotes que tocaban as trompetas, e a retagarda ía detrás da arca, mentres eles continuaban tocando as trompetas. 10 Pero Xosué deu ordes ao pobo, dicindo: Non gritaredes nin deixaredes oír a vosa voz, nin sairá palabra da vosa boca, ata o día que eu vos diga: "Gritade!" Entón gritaredes. 11 Así fixo que a arca de Iahveh fose arredor da cidade, rodeándoa unha vez; entón volveron ao campamento e pasaron a noite no campamento. 12 E Xosué ergueuse pola mañá moi cedo, e os sacerdotes tomaron a arca de Iahveh. 13 E os sete sacerdotes levando as sete trompetas de corno de carneiro ían diante da arca de Iahveh, andando continuamente e tocando as trompetas; e os homes armados ían diante deles e a retagarda ía detrás a arca de Iahveh mentres eles seguían tocando as trompetas. 14 Así marcharon unha vez arredor da cidade o segundo día e volveron ao campamento; así fixérono durante seis días. 15 Ao séptimo día erguéronse cedo, de madrugada, e marcharon ao redor da cidade da mesma maneira sete veces. Só aquel día marcharon sete veces arredor da cidade. 16 E sucedeu que, á séptima vez, cando os sacerdotes tocaron as trompetas, Xosué dixo ao pobo: Gritade! Pois Iahveh deuvos a cidade. 17 E a cidade será dedicada ao anatema, ela e todo o que hai nela pertence a Iahveh; só Rahab a rameira e todos os que están na súa casa vivirán, porque ela escondeu aos mensaxeiros que enviamos. 18 Pero en canto a vós, gardádevos das cousas dedicadas ao anatema, non sexa que as cobicedes e tomando das cousas do anatema, fagades maldito o campamento de Israel e traiades desgraza sobre el. 19 Mais toda a prata e o ouro, e os utensilios de bronce e de ferro, están consagrados a Iahveh; entrarán no tesouro de Iahveh. 20 Entón o pobo berrou e os sacerdotes tocaron as trompetas; e sucedeu que cando o pobo oíu o son da trompeta, o pobo berrou a gran voz e a muralla caeu, e o pobo subiu á cidade, cada home dereito cara adiante, e tomaron a cidade. 21 E destruíron por completo, a fío de espada, todo o que había na cidade: homes, e mulleres, mozos e anciáns, bois, ovellas e asnos. 22 Pero Xosué dixo aos dous homes que escrutaran a terra: Entrade na casa da rameira e sacade de alí á muller e todo o que posúa, tal como llo xurastes. 23 Entraron, pois, os mozos espías e sacaron a Rahab, ao seu pai, á súa nai, aos seus irmáns e todo o que posuía; tamén sacaron a todos os seus parentes e colocáronos fóra do campamento de Israel. 24 E prenderon fogo á cidade e a todo o que nela había. Só puxeron no tesouro da casa de Iahveh a prata, o ouro, e os utensilios de bronce e de ferro. 25 Pero Xosué deixou vivir a Rahab a rameira, á casa do seu pai, e todo o que ela tiña; e ela habitou no medio de Israel ata hoxe, porque escondeu aos mensaxeiros que Xosué enviara para espiar Xericó. 26 Entón Xosué fíxolles un xuramento naquel tempo, dicindo: Maldito sexa diante de Iahveh o home que se levante e reedifique esta cidade de Xericó; coa perda do seu primoxénito poñerá o seu alicerce, e coa perda do seu fillo máis novo colocará as súas portas. 27 E Iahveh estaba con Xosué e a súa fama estendeuse por toda a terra.