1 Xosué ergueuse pola mañá cedo e el e todos os fillos de Israel saíron de Sitim e chegaron ao Xordán e repousaron alí antes de atravesaren. 2 E despois de tres días os xefes percorreron o campamento 3 e deron ordes ao pobo dicindo: "Cando vexades a arca do pacto de Iahveh, o voso Deus, e os levitas e sacerdotes levándoa, partiredes do voso lugar e seguirédela". 4 Pero habédesvos de afastar dela unha distancia duns dous mil cóbados. Non vos acheguedes a ela para saber o camiño por onde debedes ir, porque non pasastes antes por este camiño 5 Entón Xosué dixo ao pobo:" Consagrádevos, porque mañá Iahveh fará marabillas no medio de vós". 6 E Xosué díxolle aos sacerdotes: "Collede a arca do pacto e pasade diante do pobo". E eles collérona e foron diante do pobo. 7 E Iahveh dixo a Xosué: Hoxe comezarei a engrandecerte aos ollos de todo Israel, para que se decaten de que estarei contigo, tal como estiven con Moisés, . 8 Ademais, ordenarás aos sacerdotes que levan a arca do pacto, dicindo: «En canto cheguedes á beira das augas do Xordán, detédevos no Xordán». 9 Entón Xosué dixo aos fillos de Israel: "achegádevos e escoitade as palabras de Iahveh, o voso Deus". 10 E e engadiu: "Nisto coñeceredes que o Deus vivo está entre vós, e que de certo botará de diante de vós aos cananeos, aos hititas, aos ferezeos, aos gergeseos, a os amorreos e aos jebuseos. 11 Velaquí a arca do pacto do Señor de toda a terra vai pasar o Xordán diante de vós." 12 "Agora pois, escollede doce homes das tribos de Israel, un home de cada tribo. 13 E sucederá que cando as plantas dos pés dos sacerdotes que levan a arca de Iahveh, o Señor de toda a terra, se apousen nas augas do Xordán, as augas do Xordán quedarán cortadas, e as augas que veñen de arriba deteranse nunha morea" 14 E aconteceu que cando o pobo saíu das súas tendas para pasar o Xordán cos sacerdotes levando a arca do pacto diante do pobo, 15 en chegando ao Xordán os que levaban a arca e mollárense os pés dos sacerdotes que levaban a arca á beira da auga (pois o Xordán desbórdase por todas as súas beiras todos os días da colleita), 16 as augas que viñan de arriba detivéronse e eleváronse nunha chea, a moita distancia de Adam, a cidade que está a carón de Saretán; e as que baixaban cara ao mar de Arabá, o mar Salgado, quedaron completamente cortadas . E o pobo pasou diante de Xericó. 17 E os sacerdotes que levaban a arca do pacto de Iahveh estiveron ergueitos en terra seca no medio do Xordán, namentres que todo Israel cruzaba sobre terra seca, ata que todo o pobo deu pasado o Xordán.