1 Entón Bildad o suhita respondeu, e dixo: 2 Ata cando falarás estas cousas, e serán coma ventos impetuosos as palabras da túa boca? 3 Pode Deus torcer a xustiza, ou o Todopoderoso desviar o que é xusto? 4 Se os teus fillos pecaron contra El, entón El entregounos na man das súas transgresións. 5 Se ti buscas a Deus con dilixencia e imploras a misericordia do Todopoderoso, 6 se es puro e recto, certamente El espertará no teu favor e restaurará a morada da túa xustiza. 7 E aínda que o teu principio foi insignificante, o teu fin prosperará grandemente. 8 Rógoche que preguntes ás xeracións pasadas, e considera as cousas escudriñadas polos seus pais. 9 Porque non somos máis que de onte e non sabemos nada, pois os nosos días sobre a terra son coma unha sombra. 10 Non te instruirán eles falándote con palabras saídas do seu corazón? 11 Pode medrar o papiro fora da braña? Pode medrar o xunco sen auga? 12 Cando aínda son verdes e sen cortar, secan antes ca calquera outra planta. 13 Así son os camiños de todos os que se esquecen de Deus, e así perecerá a esperanza do impío, 14 porque é fráxil a súa confianza, e coma unha tea de araña a súa seguridade. 15 Confiará na súa casa, pero esta non se ha soster; aferrarase a ela, pero non o soportará. 16 Medra con vigor diante do sol, e as súas follas abrollan sobre a súa horta. 17 Aínda que as súas raíces poidan engarrarse sobre un monte de rochas; e se asome por entre as pedras, 18 se a arrincan do seu lugar, este negarao, dicindo: nunca te vin! 19 Velaí, este é o gozo do seu camiño; e do po agromarán outros. 20 Olla que Deus non rexeita a aquel que é integro, nin sustenta as mans dos malfeitores. 21 Aínda encherá de risa a túa boca e os teus beizos han berrar de xúbilo. 22 Os que te aborrecen serán cubertos de vergoña, e a tenda dos impíos non existirá máis.