1 O home, nacido dunha muller, é curto de días e cheo de problemas, 2 coma unha flor que abrolla e murcha, e coma unha sombra e desaparece. 3 E sobre el certamente abres os teus ollos, e tráelo a xuízo contigo? 4 Quen fará limpo o inmundo? Ninguén! 5 Se os seus días están determinados, e o número dos seus meses depende de ti, se fixeches os seus límites e non os pode traspasar. 6 Afasta del entón a túa mirada e déixao descansar, ata que como xornaleiro complete o seu día! 7 Porque ata para unha árbore hai esperanza cando é cortada, porque volverá reverdecer, e as súas follas non lle faltarán, 8 aínda que avellenten as súas raíces na terra e morra o seu tronco no po, 9 Coa fragancia da auga reverderá e coma unha planta nova volverá botar follas. 10 Pero o home morre e queda inerte. O home expira, e onde vai? 11 Como as augas evapóranse do mar e o río esgotase e seca, 12 así o home déitase e non se levanta; ata que os ceos xa non existan, non se espertará nin se levantará do seu sono. 13 Ai se me escondeses no Seol, se me agochases ata que pase a túa ira, se me puxeses un prazo para te lembrar de min! 14 Se un home morre, volverá vivir? Todos os días do meu servizo agardarei ata que chegue o meu relevo. 15 Desexarías a obra das túas mans. Chamaríasme e eu habería de responder. 16 Entón contarías os meus pasos, e darías tregua o meu pecado. 17 As miñas transgresións estarían seladas nun saco, acumuladas cos meus pecados. 18 Pero coma o monte que cae desmorónase, e as pedras mudan de lugar, 19 e as augas desgastan as rochas, e os seus torrentes levan o po da terra; así destrúes ti a esperanza do home. 20 Prevaleces para sempre contra el, e vaise; mudas a súa aparencia, e despídelo. 21 Se os seus fillos acadan honores, el non o sabe; e se son humillados, non o percibe. 22 Só sente o tormento da súa carne, só sente a amargura da súa alma.