1
Naquel tempo - di Iahveh - sacarán das súas tumbas os ósos dos reis de Xudá, os ósos dos seus príncipes, os ósos dos sacerdotes, os ósos dos profetas e os ósos dos habitantes de Xerusalém;
2
e dispersaranos ao sol, á lúa e a todo o exército do ceo, a quen aman e renden culto, e a quen seguen e consultan, e diante de quen adoran. Non serán recollidos nin sepultados; serán coma esterco sobre a face da terra.
3
E o remanente que quede de toda esa familia perversa, escollerá morrer antes que vivir, en todos os lugares onde Eu terei arroxado aos que queden, di Iahveh dos exércitos.
4
E diraslles: -Así di Iahveh: os que caen non se levantan? O que se desvía, non se arrepinte?
5
Por que entón este pobo, Xerusalém, se desviou en continua apostasía? Agarráronse ao engano e rexeitan volver!
6
Estiven atento e escoitei, falaron o que non é recto; ninguén se arrepinte da súa maldade, dicindo: que fixen? Cada un volve á súa carreira, coma cabalo desbocado na batalla.
7
Aínda a cegoña no ceo coñece as súas estacións, e a rula, a anduriña e a grúa gardan o tempo das súas migracións; pero o meu pobo non coñece a xustiza de Iahveh.
8
Como podedes dicir: somos sabios, a lei de Iahveh está con nós? Cando velaquí, a pluma mentireira do escriba converteuna en mentira.
9
Os sabios foron avergoñados, están abatidos e enredados; velaí, eles rexeitaron a palabra de Iahveh, pois, que clase de sabedoría poderá haber neles?
10
Por tanto, darei as súas mulleres a outros, e os seus campos a novos donos; porque dende o menor ata o maior todos eles cobizan ganancias deshonestas; dende o profeta ata o sacerdote todos practican o engano.
11
E pretenden curar de calquera maneira a ferida do meu pobo, diciendo: Paz! Paz! Cando non hai paz.
12
Avergoñáronse da abominación que cometeron? Certamente non se avergoñaron, nin souberon avergoñarse; por tanto caerán entre os que caen, na hora do seu castigo serán derrubados." Di Iahveh.
13
Certamente destruireinos - di Iahveh - non haberá uvas na vide, nin figos na figueira; ata as follas murcharán; o que lles dei, pasará deles.
14
Que facemos aquí sentados? Congreguémonos, e entremos nas cidades fortalecidas, e morramos alí, pois Iahveh o noso Deus déixanos morrer, deunos a beber auga envelenada, porque pecamos contra Iahveh.
15
Agardabamos paz, e non houbo ben ningún; tempo de curación, e chegou o terror.
16
Dende Dan oíuse o murmurio dos seus cabalos; ao estrondo do relincho dos seus corceles treme toda a terra; veñen e devoran a terra e todo canto hai nela, a cidade e os que habitan nela.
17
Porque velaí, Eu mando contra vós serpes velenosas, contra as que non hai encantamento, e morderanvos mortalmente -di Iahveh-.
18
Aínda que poida atopar consolo na aflición, o meu corazón desmaia dentro de min,
19
ao sentir o pranto da filla do meu pobo dende unha terra lonxe: non está Iahveh en Sión? Non está o seu rei nela? Por que me provocastes coas imaxes talladas, e con vaidades estrañas?
20
Pasou a colleita, rematou o verán, e nós non fomos salvos.
21
Pola chaga da filla do meu pobo estou quebrantado; ando en loito e o espanto apoderouse de min.
22
Non hai bálsamo en Galaad? Non hai alí médico? Por que, entón, non se fechan as feridas da filla do meu pobo?