1
Palabra que Iahveh falou sobre Babilonia, a terra dos caldeos, por medio do profeta Xeremías:
2
Anunciádeo entre as nacións e facédeo escoitar! Erguede o estandarte, publicádeo e non o encubrades! Dicide: Babilonia foi conquistada! Bel foi avergoñado, Merodac foi consternado! Foron avergoñadas as súas imaxes, esnaquizados os seus ídolos.
3
Porque subiu contra ela unha nación do norte que fará da súa terra obxecto de terror, e non haberá habitante nela. Tanto a xente como os animais fuxirán en desbandada.
4
Naqueles días e naquel tempo - di Iahveh - virán os fillos de Israel, eles xunto cos fillos de Xudá; virán andando, chorando e procurando a Iahveh o seu Deus.
5
Preguntarán polo camiño de Sión, cara onde volverán os seus rostros e dirán: Vinde, xuntémonos a Iahveh no seu pacto eterno e irrevocable!
6
Meu pobo era coma un rabaño perdido, que desencamiñaron os seus pastores, facéndoas vagar polos montes; andaron de outeiro en outeiro e esqueceron o seu lugar de repouso.
7
Todos os que as atopaban, devorábanas; e os seus inimigos dixeron: non facemos nada nalo, porque pecaron contra Iahveh, morada de xustiza; si, contra Iahveh, esperanza de seus pais.
8
Fuxide do medio de Babilonia, e saíde da terra dos caldeos! Saíde coma chibos diante do rabaño.
9
Porque velaí que Eu fago espertar e subir contra Babilonia unha alianza de grandes nacións da terra do norte, que se ordenarán para a batalla contra ela; dende alí será levada prisioneira. As súas frechas serán coma de guerreiro hábil que non volve coas mans baleiras.
10
E Caldea será saqueada; e todos os que a saqueen saciaranse - di Iahveh.
11
Por canto vos alegrades, saqueadores da miña herdanza, porque vos alegrastes e estivestes felices, agora brincades coma becerra no prado, e relinchades coma poderosos cabalos,
12
pero a vosa nai ha ser avergoñada, será humillada a que vos deu a luz. Velaí, será feita a derradeira das nacións: coma un deserto, unha estepa solitaria!
13
Por mor da ira de Iahveh quedará deshabitada, feita unha total desolación. Cantos pasen xunto a Babilonia asubiarán asombrados polas súas calamidades.
14
Alístádevos contra Babilonia ao seu arredor! Todos os que usades o arco, tirade contra ela! Non escatimedes as frechas! Porque pecou contra Iahveh.
15
Lanzade un berro de guerra contra ela! Ela estende as súas mans, as súas fortalezas caeron e os seus muros foron derrubados. Vengádevos contra ela, porque é a venganza de Iahveh. Como ela fixo, facede con ela.
16
Exterminade de Babilonia o sementador e o que manipula a fouce en tempo de colleita! Fuxen diante da espada opresora, cada un volverá ao seu pobo, cada un fuxirá á súa terra!
17
Israel é rabaño descarriado; os leóns afastárono. Primeiro devorouno o rei da Asiria, e despois Nabucodonosor, rei da Babilonia, quebrou os seus ósos.
18
Por tanto, así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Velaquí, castigarei o rei de Babilonia e á súa terra, como castigei ao rei de Asiria.
19
E volverei traer a Israel aos seus pastos, e pacerá no Carmelo e en Basán, e saciaranse os seus desexos na rexión montañosa de Efraín e en Galaad.
20
Naqueles días e naquel tempo - di Iahveh - buscarase a culpa de Israel e non haberá ningunha, e os pecados de Xudá non se atoparán; porque perdoarei aos que deixei coma remanente.
21
Subide contra a terra de Merataim, contra ela e contra os habitantes de Pecod! Matádeos e destruídeos á espada, e fai todo o que che ordenei, di Iahveh.
22
Murmurio de guerra no país, e gran destrución!
23
Como foi cortado e quebrado o martelo de toda a terra! Como se converteu Babilonia en obxecto de terror entre as nacións!
24
Ai Babilonia! Púxenche unha trampa, e sen te decatar caíches nela. Sorprendéronte e apresáronte, porque desafiaches a Iahveh.
25
Iahveh abriu o seu arsenal e sacou as armas da súa indignación, porque esta é obra de Iahveh, Deus dos exércitos, na terra dos caldeos.
26
Vinde contra ela dende os confíns da terra! Abride os seus silos! Convertédea en montóns e destruídea por completo! Que non queden vestixios dela!
27
Pasade aa coitelo a todos os seus xatos e que descendan ao matadoiro! Ai deles! Pois chegou o seu día, a hora do seu castigo!
28
Escoitase a voz dos que foxen e esacapan da terra de Babilonia anunciando en Sión a vinganza de Iahveh o noso Deus, a vinganza do seu templo!
29
Convocade arqueiros contra Babilonia, a todos os que estenden o arco; campade contra ela por todos os lados, que non teña por onde fuxir! Dádelle o pago conforme a súa obra; conforme todo o que fixo, así facede con ela; porque volveuse soberbia contra Iahveh, contra o Santo de Israel.
30
Polo tanto os seus mozos caerán nas súas rúas, e tódolos seus homes de guerra serán reducidos ao silencio naquel día -di Iahveh-
31
"Velaí, estou contra ti, oi arrogante, di Iahveh, Deus dos exércitos, porque chegou o teu día, a hora na que te castigarei."
32
E a arrogante tropezará e caerá sen que ninguén a levante; e prenderei lume ás súas cidades, que devorará todo o que hai arredor dela.
33
Así di Iahveh dos exércitos: "Oprimidos están xuntamente os fillos de Israel e os fillos de Xudá: todos os que os colleron cativos téñenos suxeitos firmemente, e néganse a soltalos.
34
Pero o seu Redentor é o Forte, Iahveh dos exércitos é o seu nome; defenderá a súa causa con poder para traer acougo á terra e turbar aos habitantes de Babilonia.
35
Espada contra os caldeos! Di Iahveh, e contra os habitantes de Babilonia, contra os seus oficiais e os seus sabios.
36
Espada! Contra os engañadores para que sexan desconcertados. Espada! Contra os seus valentes, e serán aterrorizados.
37
Espada! Contra os seus cabalos e contra os seus carros, e contra todos os estranxeiros que están no medio dela, e serán coma mulleres. Espada! Contra os seus tesouros, e serán saqueados.
38
Espada! Contra os seus ríos, e serán secados; porque é unha terra de ídolos, que delira cos seus espantallos.
39
Polo tanto, alí vivirán as feras do deserto xunto cos chacais, tamén vivirán avestruces nela; nunca máis será habitada nin poboada por todalas xeracións.
40
Como cando Deus destruíu a Sodoma, a Gomorra e ás súas cidades veciñas -di Iahveh- ningunha persoa habitará alí, nin residirá nela ningún fillo de home.
41
Velaí, un pobo vén do norte, unha gran nación, e moitos reis se levantarán dos confíns da terra;
42
Empuñan arco e xavelina; son crueis e non teñen misericordia. A súa voz roxe coma o mar, e van montados a cabalo contra ti, en formación de guerra, filla de Babilonia.
43
O rei de Babilonia escoitou as novas deles, e acobardouse. A anguria apoderouse del, e sente dores coma de muller de parto.
44
Coma un león que sobe da maxestuosidade do Xordán a un pasto seguro, do mesmo xeito heinos espantar de súpeto para quedarme cos escolleitos, pois quen é coma min para poder desafiarme? Quen é o pastor que poida resistirme?
45
Por tanto, escoitade o designio que Iahveh trazou contra Babilonia, e os planos que decretou contra a terra dos caldeos; certamente botaranos fóra coma a ovellas febles; de certo o seu pasto será devastado xuntamente con eles.
46
Diante do berro da conquista de Babilonia a terra tremeu, e o clamor foi escoitado entre as nacións.