Capítulo 15

1 Entón Iahveh díxome: -Aínda que Moisés e Samuel se presentaran diante de min, o meu corazón non estaría con este pobo; botádeos da miña presenza! Que se vaian! 2 E que cando che digan: para onde iremos? Responderaslles: así di Iahveh: os destinados para a morte, á morte; os destinados para a espada, á espada; os destinados para a fame, á fame, e os destinados para a catividade, á catividade. 3 E porei sobre eles catro xéneros de males - di Iahveh - a espada para matar, os cans para esnaquizar, e as aves do ceo e as bestas da terra para devorar e destruír. 4 E fareinos motivo de espanto para todos os reinos da terra, por mor de Manasés, fillo de Ezequías, rei de Xudá, polo que fixo en Xerusalém. 5 Porque, quen se compadecerá de ti, Oi Xerusalém? Quen chorará por ti, ou quen se desviará do seu camiño para preguntar polo teu benestar? 6 Ti rexeitáchesme - di Iahveh – volvícheste atrás. Estenderei, pois, a miña man contra ti para destruirte; estou farto de me compadecer. 7 Espallareinos coa forcada ata as portas desta terra, e privareinos de fillos. Destruirei o meu pobo, pois non se arrepentiron dos seus camiños. 8 As súas viúvas serán máis numerosas que a area do mar. Traerei contra a nai e contra dos seus mozos, o destrutor para devoralos á luz do día, e de súpeto traerei sobre eles a angustia e o espanto. 9 Languidece a que deu a luz sete fillos, e exhala a súa alma. O seu sol porase sendo aínda de día, será avergoñada e confundida; e os que queden entregareinos á espada diante dos seus inimigos, di Iahveh. 10 Ai de min, miña nai, porque me deches a luz como home de disputa e home de discusión para toda a terra! Non prestei nin me prestaron, pero todos me maldicen. 11 Iahveh dixo: "Certamente liberareite para ben; certamente farei que o inimigo te suplique en tempo de calamidade e no tempo da anguria! 12 Pode alguén fender o ferro, o ferro do norte, e o bronce? 13 Entregarei ao saqueo as túas riquezas e os teus tesouros, sen coste algún, por todos os teus pecados en todo o teu territorio. 14 E farei que os teus inimigos te leven a unha terra que non coñeces; porque un lume acendeuse na miña ira que arderá sobre vós. 15 Ti que o sabes, Oi Iahveh, lémbrate de min, aténdeme, e véngame dos meus perseguidores. Conforme á túa paciencia, non me arrebates; sabes que por ti soporto a aldraxe. 16 Cando se presentaron as túas palabras, eu cominas; a túa palabra foi para min o gozo e a ledicia do meu corazón, porque me chamaban polo teu nome, Oi Iahveh, Deus dos exércitos. 17 Non sentei a disfrutar cos que se divertían. Por mor da túa man, sentei solitario, porque me enchiches de indignación. 18 Por que é perpetua a miña dor e a miña ferida incurable, que rexeita ser sandada? Serás para min coma unha ilusión, coma augas nas que non se pode confiar? 19 Entón respondeume Iahveh: "Se volves, Eu restaurareite, na miña presenza estarás en pé; se afastas o precioso do vulgar, serás o meu portavoz. Que se volvan eles a ti, pero ti non te volvas a eles! 20 E poreite para este pobo por muralla de bronce imposible de vencer; loitarán contra ti, pero non te vencerán, porque estou contigo para te salvar e te librar, di Iahveh. 21 Heite rescatar das mans dos malos, e rescatareite da pouta dos opresores.