1
A palabra que veu de Iahveh a Xeremías sobre a seca:
2
De loito está Xudá, e as súas portas languidecen, están en loito prostrados en terra, e o clamor de Xerusalém sobe.
3
Os seus nobres mandaban os seus servos por auga; ían ás cisternas e non atopaban auga; volvían cos seus cántaros baleiros. Quedaron avergoñados e humillados, e cubriron as súas cabezas.
4
O chan está agretado, pois non houbo choiva sobre a terra; os labregos, avergoñados, cubriron as súas cabezas.
5
Porque aínda a cerva deu a luz no campo e abandonou á súa cría porque non hai herba.
6
E os asnos monteses páranse nas alturas desoladas, xemendo no ar coma chacais; os seus ollos desmaian porque non hai vexetación.
7
Aínda que as nosas iniquidades testemuñan contra nós, Oi Iahveh, obra por mor do teu nome. En verdade foron moitas as nosas apostasías contra ti.
8
Ti, esperanza de Israel, Salvador seu no tempo da angustia! Por que has ser coma un forasteiro na terra, ou coma o camiñante que plantou a súa tenda para pasar a noite?
9
Por que has ser coma un home desalentado, coma guerreiro incapaz de salvar? Con todo ti estás no medio de nós, Oi Iahveh, e polo teu nome somos chamados; non nos abandones!
10
Así responde Iahveh a este pobo: "Como lles gustou vagabundear! Non refrearon os seus pés. Polo tanto Iahveh non se comprace neles: agora lembra a súa iniquidade e castiga os seus pecados."
11
E díxome Iahveh: "Non intercedas por este pobo.
12
Cando xexúen, non escoitarei o seu clamor; cando ofrezan holocaustos e ofrendas de gran, non os aceptarei; senón que coa espada, coa fame e coa pestilencia heinos consumir.
13
E dixen eu: -Ai, Señor Iahveh! Velaí que os profetas lles din: non veredes a espada nin teredes fame, senón que vos darei paz verdadeira neste lugar.
14
Entón Iahveh respondeume: "Falsamente profetizan os profetas no meu nome. Eu non os mandei, nin lles dei ordes, nin lles falei. Profetízanvos visións falsas, adiviñacións vas e engano do seu mesmo corazón.
15
Por tanto, así di Iahveh: "En canto aos profetas que profetizan no meu nome sen que Eu os mande, e que din: non haberá espada nin fame nesta terra; pois á espada e de fame perecerán eses profetas.
16
Tamén o pobo a quen profeticen serán tirados no chan polas rúas de Xerusalém por mor da fame e da espada, e non haberá quen os enterre a eles, nin ás súas mulleres, nin aos seus fillos, nin ás súas fillas, pois derramarei sobre eles a súa maldade.
17
E diraslles esta palabra: "Desfáganse os meus ollos en bágoas noite e día, e non cesen; porque de gran quebranto foi quebrantada a filla virxe do meu pobo, dunha ferida dolorosa moi grave!
18
Se saio ao campo, velaí os mortos á espada! E se entro na cidade, velaí os enfermos pola fame! Porque tanto o profeta como o sacerdote andan errantes nunha terra que non coñecen.
19
Rexeitaches por completo a Xudá? Aborreceu a túa alma a Sión? Por que nos feriches sen que haxa sanidade para nós? Agardabamos paz, e non houbo ben algún; tempo de sanidade, e velaquí o terror.
20
Recoñecemos, Oi Iahveh, a nosa impiedade, e a iniquidade dos nosos pais, pois pecamos contra ti.
21
Non nos rexeites, por amor do teu nome! Non deshonres o trono da túa gloria! Lémbrate, non anules o teu pacto con nós!
22
Hai entre os ídolos das nacións algún que faga chover? Ou poden os ceos sós dar choiva? Non es ti, Oi Iahveh, o noso Deus? En ti, pois, agardamos, porque ti fixeches todas estas cousas.