1
A palabra que recibiu Xeremías de parte de Iahveh, dicindo:
2
-Escoitade as palabras deste pacto, e dicídea aos homes de Xudá e aos habitantes de Xerusalém.
3
Diraslles: así di Iahveh, Deus de Israel: maldito o home que non obedece as palabras deste pacto,
4
o que mandei aos vosos pais o día que os saquei da terra de Exipto, do forno de ferro, dicíndolles: -Escoitade a miña voz, e facede conforme todo o que vos mando; e vós seredes o meu pobo, e Eu serei o voso Deus,
5
para confirmar o xuramento que xurei aos vosos pais, de darlles unha terra que mana leite e mel, como acontece hoxe. Entón respondín e dixen: -Amén, Iahveh.
6
E díxome Iahveh: - Proclama todas estas palabras nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalém, dicindo: -Escoitade as palabras deste pacto e cumprídeas.
7
Porque ben advertín aos vosos pais o día que os fixen subir da terra de Exipto ata hoxe; Advertinlles con insistencia dende a mañanciña dicindo: Escoitade a miña voz!
8
Pero non escoitaron nin inclinaron o seu ouvido, senón que camiñaron cada un na dureza do seu malvado corazón. Por tanto, fixen caer sobre eles tódalas palabras deste pacto, aquel que lles mandei gardar e non o cumpriron.
9
Entón Iahveh díxome: -Descubriuse unha conspiración entre os homes de Xudá e os habitantes de Xerusalém.
10
Volvéronse ás iniquidades dos seus devanceiros, que rexeitaron escoitar as miñas palabras, e foron tras doutros deuses para lles serviren. A casa de Israel e a casa de Xudá violaron o meu pacto, que fixen cos seus pais.
11
Polo tanto, así di Iahveh: "Velaí, traio sobre eles unha calamidade da que non poderán fuxir; aínda que clamen a min, non os escoitarei.
12
Entón irán as cidades de Xudá e os habitantes de Xerusalém, e clamarán aos deuses aos que queiman incenso, pero eles certamente non poderán salvalos na hora da súa aflición.
13
Porque segundo o número das túas cidades son os teus deuses, Oi Xudá, e segundo o número das rúas de Xerusalém, son os altares que levantaches ao vergoñento, os altares para queimar incenso a Baal.
14
Pero ti non intercedas por este pobo, nin levantes por eles clamor nin oración; porque non escoitarei cando clamen a min por mor da súa calamidade.
15
Que dereito ten o meu amado na miña casa despois de tramar tantas intrigas? Poderá a carne consagrada quitar de ti a túa calamidade para que te poñas a celebralo aos berros?
16
Iahveh chamoute oliveira frondosa de froito excelente, pero co barullo dun recio estrondo fixo prender lume nela, e as súas ramas quedaron arruinadas.
17
Iahveh dos exércitos, que te plantou, decretou unha calamidade contra ti por mor da maldade que a casa de Israel e a casa de Xudá fixeron, provocándome ao ofrecer sacrificios a Baal.
18
Iahveh fíxome saber e eu comprendino: entón fixéchesme ver as súas maquinacións.
19
Eu era coma un cordeiro manso levado ao matadoiro, e non sabía que tramaban maquinacións contra min, dicindo: destruamos a árbore co seu froito, e arrinquémola da terra dos vivos, para que non se lembre máis o seu nome.
20
Mais, Oi Iahveh dos exércitos! Ti que xulgas con rectitude e examinas os sentimentos e o corazón, vexa eu a túa vinganza contra eles, porque diante de ti coloquei a miña causa.
21
Por tanto, así di Iahveh en canto aos homes de Anatot que procuran a túa vida, dicindo: non profetices no nome d Iahveh, para que non morras ás nosas mans.
22
Polo tanto, así di Iahveh dos exércitos: "Velaquí, vou castigalos. Os mozos morrerán á espada, os seus fillos e fillas morrerán de fame,
23
e non quedará deles remanente, porque traerei o mal sobre os homes de Anatot, no ano do seu castigo.