1
E clamou aos meus oídos a gran voz, dicindo: -aproxímense os verdugos da cidade, empuñando cadansúa arma mortal!
2
E apareceron seis homes que viñeron polo camiño da porta superior que mira cara o norte, e cada un tiña a súa arma de destrución na man, e no medio deles estaba un home vestido de liño que tiña na cintura un tinteiro de escriba. E entraron e paráronse en pé xunto ao altar de bronce.
3
E a gloria do Deus de Israel erguese por riba dos querubíns sobre os que estaba, ata o teito da casa; e Iahveh chamou ao home vestido de liño que tiña o tinteiro de escriba na súa cintura,
4
e dixolle Iahveh: -Pasa polo medio da cidade, polo medio de Xerusalém, e pon un sinal na fronte das persoas que xemen e se angustian por mor de tódalas abominacións que se fan no medio dela!
5
E aos outros dixolles aos meus ouvidos: -Pasade pola cidade detrás del, e matade! Non teñades compaixón nin misericordía!
6
Matade os anciáns, os mozos, as virxes, os nenos e as mulleres, ata que non quede ninguén! Pero non vos acheguedes a ningún que teña o sinal. Comezade polo meu santuario! Entón comezaron cos anciáns que estaban díante do templo
7
E dixolles: -Profanade a casa e enchede os atrios cos mortos! Saíde agora! E saíron e mataron na cidade.
8
E aconteceu que cando ían eles para matar, quedeime só, e caín sobre o meu rostro e berrei, e dixen: -Ai Señor Iahveh! Vas destruír todo o remanente de Israel derramando a túa indignación sobre Xerusalém?
9
E dixome: -A iniquidade da casa de Israel e de Xudá é moi grande, pois a terra está chea de asasinos e a cidade atestada de maldade; porque dixeron: Iahveh abandonou a terra! Iahveh non ve!
10
"Daquela, así farei Eu tamén; o meu ollo non perdoará, nin terei misericordía; e farei recaer o seu camiño sobre as súas propias cabezas.
11
E velaquí, o home vestido de liño, que tiña o tinteiro cinguido á súa cintura, respondeu, dicindo: -Fixen conforme todo o que me mandaches.