1
Mirei e vin na expansión que había sobre as cabezas dos querubíns, coma unha pedra de zafiro, que semellaba un trono que estaba sobre eles.
2
E faloulle ao varón vestido de liño, e dixolle: -Entra no medio das rodas debaixo dos querubíns, e enche as túas mans das brasas de entre os querubíns, e has espallalas sobre a cidade. E entrou díante da miña vista.
3
E cando entrou o home, os querubíns estaban en pé á beira dereita do templo, e a nube encheu o atrio de dentro.
4
Entón a gloria de Iahveh ergueuse de enriba do querubín e detívose díante do atrio da porta; e a casa encheuse da nube, e o atrio encheuse do resplandor da gloria de Iahveh.
5
E o murmurar das ás dos querubíns ouvíase ata o atrio exterior, coma a voz do Deus Todopoderoso cando fala.
6
E aconteceu que cando El mandou ao home vestido de liño blanco, dicindo: -Toma lume de dentro das rodas, de entre os querubíns, el entrou e parouse en pé entre as rodas.
7
Entón un querubín estendeu a súa man dende o medio dos querubíns ao lume que estaba entre eles, e colléndoo, púxoo nas mans do que estaba vestido de liño; e este colleuno e saíu.
8
E entre os querubíns apareceu a imaxe dunha man de home debaixo das súas ás.
9
E mirei, e velaí catro rodas xunto aos querubíns, unha roda xunto a cada querubín; e a aparencia das rodas era coma o resplandor do cristal.
10
No tocante á súa aparencia, os catro tiñan a mesma forma, coma se unha estivese no medio da outra.
11
Cando ían, ían cara os catro lados; non se volvían ao ir; senón que ao lugar onde se volvía a primeira, ían tras dela; e non se volvían cando avanzaban.
12
E todo o seu corpo, as súas costas, as súas mans, as súas ás e as rodas estaban cheas de ollos arredor das súas catro rodas.
13
E escoitei que se lles berraba ás rodas: -Volvede!
14
Cada un deles tiña catro facianas: a primeira cara era rostro de querubín, a segunda, faciana de home, a terceira de león, e a cuarta de aguia.
15
E ascenderon os querubíns. Este é o ser vivo que vin xunto ao río Quebar.
16
E cando os querubíns avanzaban, ían tamén as rodas xunto con eles; e cando os querubíns alzaban as súas ás para erguerse sobre a terra, as rodas tamén se afastaban deles.
17
Cando se detían, elas tamén se detían; e cando se alzaban eles, alzábanse canda eles, porque o espírito dos seres viventes estaba nelas.
18
Entón a gloria do Iahveh ergueuse do trono da casa, e púxose sobre os querubíns.
19
E os querubíns saíron, despregaron as súas ás, e díante dos meus ollos; remontáronse da terra xunto coas rodas, e detivéronse na entrada da porta oriental da casa de Iahveh, e a gloria do Deus de Israel estaba sobre eles.
20
Estes eran os mesmos seres viventes que vin debaixo do Deus de Israel xunto ao río Quebar, e souben que eran querubíns.
21
Cada un tiña catro caras e cada un tiña catro ás, e a aparencia de mans de home debaixo das súas ás.
22
E a semellanza das súas facianas era a semellanza dos rostros que vin xunto ao río Quebar; o seu parecer e o seu ser eran os mesmos; cada un ía cara adiante.