1
Arrebatoume o Espírito e levoume pola porta oriental da casa de Iahveh, que mira cara o levante; e alí, xunto á porta, atopábanse vinte e cinco homes, e vin entre eles a Iazanías, fillo de Azur, e a Pelatías, fillo de Benáía, príncipes do pobo.
2
E dixome: -Fillo de home, estes son os que maquinan maldade e dan malos consellos nesta cidade;
3
os que din: non é tempo agora de construír casas; esta é a ola, e nós, a carne!
4
Polo tanto, profetiza contra eles; fillo de home.
5
Entón veu sobre min o Espírito de Iahveh, e dixome: -Di: así di Iahveh: Casa de Israel, falades deste xeito pero Eu sei as cousas que tedes na vosa mente.
6
Multiplicastes os vosos asasinatos nesta cidade e enchestes as súas rúas cos mortos.
7
Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Os mortos que puxestes no medio dela, eles son a carne e ela é a ola, e sacareivos do medio dela.
8
Temedes á espada, e Eu traerei sobre vós a espada," di Iahveh o Señor.
9
Sacareivos do medio dela, e entregareivos en mans de estranxeiros, e farei xustiza entre vós.
10
A espada morreredes. Xulgareivos sobre o territorio de Israel, e saberedes que Eu son Iahveh.
11
A cidade non será para vós unha ola, mais vós seredes a carne no medio dela; xulgareivos sobre o territorio de Israel.
12
E saberedes que Eu son Iahveh, porque non andastes nos meus estatutos nin gardastes os meus decretos, senón que fixestes conforme os costumes das nacións que vos rodean.
13
E aconteceu que mentres eu profetizaba, morreu Pelatías, fillo de Benías. Entón caín sobre o meu rostro e clamei con voz forte, e dixen: -Ai Señor Iahveh! Vas destruír por completo o remanente de Israel?
14
Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
15
Fillo de home, os teus irmáns, os teus parentes e todos os da túa parentela e toda a casa de Israel, todos eles son dos que os habitantes de Xerusalém dixeron: afastádevos de Iahveh! A terra foinos dada en posesión a nós!
16
Por tanto di: así di Iahveh o Señor: "Aínda que os botei lonxe entre os pobos e os dispersei polas terras, Eu serei para eles un pequeno santuario nas terras onde vaian.
17
Por tanto di: así di Iahveh o Señor: "Reunireivos de entre os pobos, e congregareivos das nacións nas que estades dispersos, e dareivos a terra de Israel.
18
E volverán alí, e quitarán dela todos os seus ídolos e tódalas súas abominacións.
19
E Eu dareilles un corazón, e porei un espírito novo dentro deles; e quitarei o corazón de pedra do medio da súa carne, e dareilles un corazón de carne,
20
para que camiñen nos meus decretos e garden os meus mandamentos e os cumpran; e serán o meu pobo, e Eu serei o seu Deus.
21
Mais aqueles que o seu corazón anda tras dos desexos dos seus ídolos e das súas abominacións, Eu traio o seu camiño sobre as súas cabezas," di o Señor Iahveh.
22
Entón os querubíns levantaron as súas ás, e as rodas detrás deles, e a gloria do Deus de Israel estaba sobre eles.
23
E a gloria de Iahveh elevouse do medio da cidade, e púxose sobre o monte que está ao oriente da cidade.
24
Entón o espírito levoume enriba e volveume levar en visión no Espírito de Deus á terra dos caldeos, aos exiliados. Deste xeito foise de min a visión que vira.
25
E faleille aos cativos todas as cousas que Iahveh me amosara.