1
Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
2
Fillo de home, ti vives no medio dunha casa rebelde, que teñen ollos para ver e non ven, teñen oídos para ouvir e non escoitan, porque son casa rebelde.
3
Polo tanto ti, fillo de home, prepara para ti unha taleiga de cativo, e vaite coma se foras ao exilio, de día, para que todos te vexan; e irás dun lugar a outro para que todos te vexan, por se acaso eles atenderan, porque son casa rebelde.
4
Sacarás as túas posesións de día díante deles, e á tardiña sairás á vista deles, coma cando as persoas saen ao exilio.
5
Aos seus ollos abrirás un paso por entre o muro, e sairás por el.
6
Diante de todos levarás as cousas sobre os teus ombreiros, e sacaralos á noite; cubrirás a túa faciana para non ver o chan, porque Eu deite por sinal para a casa de Israel.
7
E fixen así como se me mandara; e tomei o meu equipamento coma se fose a saír para o exilio, e á tardiña abrín un camiño por entre o muro coa miña propia man, e saín de noite, e leveinos sobre os ombreiros a vista deles.
8
E pola mañá a palabra de Iahveh veu a min, dicindo:
9
-Fillo de home, non che preguntou a casa de Israel, aquela casa rebelde: que andas a facer?
10
Ti dilles: -Así di Iahveh o Señor: esta profecía refírese ao príncipe en Xerusalém e a toda a casa de Israel que está no medio dela.
11
Di: eu son o voso sinal; como eu fixen, así se fará convosco; marcharedes ao exilio, en cativeiro.
12
E ao príncipe que está no medio deles, cargaráselle co saco do peregriño nas súas costas e sairá na oscuridade. Abrirá un paso polo muro para sacar as súas cousas por el; e cubrirá o seu rostro para non ver o chan cos seus ollos.
13
E Eu estenderei a miña rede sobre el, e caerá na miña trampa; e levareino a Babilonia, á terra dos caldeos, e alí morrerá, aínda que non a verá.
14
E a todos os que están arredor del para axudalo e a tódalas súas tropas, dispersareinos a tódolos ventos, e sacarei a espada tras deles.
15
E coñecerán que Eu son Iahveh cando os disperse entre as nacións e os espalle por toda a terra.
16
Pero farei que uns poucos deles fuxan da espada, da fame e da peste, para que conten todas as súas abominacións entre as nacións onde vaian; e saberán que Eu son Iahveh.
17
Veu a min a palabra do Iahveh, dicindo:
18
Fillo de home, come o teu pan tremendo, e bebe a túa auga con tremor e anguria.
19
E di ao pobo da terra: así di Iahveh o Señor sobre os habitantes de Xerusalém e sobre a terra de Israel: con temor comerán o seu pan, e con anguria beberán as súas augas; porque a súa terra será despoxada de toda a súa plenitude, por mor da maldade de todos os que habitan nela.
20
E as cidades habitadas quedarán desertas, e a terra será desolada; e saberedes que Eu son Iahveh.
21
Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
22
Fillo de home, que refrán tedes na terra de Israel, que di: os días pasan, e a visión quedará en nada?
23
Por tanto dilles: así di Iahveh o Señor: farei cesar este refrán, e non se volverá falar dese xeito en Israel, senon que lles dirás: aproxímase o día no que toda a visión hase cumplir.
24
Porque xa non haberá visións baleiras nin adiviñación aduladora no medio da casa de Israel.
25
Porque Eu, Iahveh, falarei e a palabra que Eu diga, hase cumplir; non ha tardar máis, senón que nos vosos días, casa rebelde, o que diga, hase cumplir, di Iahveh o Señor.
26
Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
27
Fillo de home, velaí que os da casa de Israel din: a visión que este ve é para moitos días máis, falta moito para que se cumpran as súas profecías.
28
Pero ti dilles: -Así di Iahveh o Señor: "Non ha tardar máis ningunha das miñas palabras, senón que a palabra que Eu diga será cumprida," di Iahveh o Señor.