1
Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
2
Fillo de home, profetiza contra os profetas de Israel que profetizan, e dilles aos que profetizan do seu propio corazón: escoitade a palabra de Iahveh.
3
Así di Iahveh o Señor: "Ai dos profetas necios, que andan tras do seu propio espírito e nada viron!
4
Coma raposas nos desertos foron os teus profetas, Israel!
5
Non subiron ás crebas, nin edificaron un muro arredor da casa de Israel, para que resistira na batalla no día de Iahveh.
6
Visionarios falsos e adiviños mentirosos que din: Iahveh falou! Cando Iahveh non os mandou, e aínda así agardan que El confirme a súa palabra!
7
Non vistes unha visión baleira e non falastes adiviñación mentirosa, pois dicides: "Iahveh falou," cando Eu non dixen nada?
8
Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Porque falastes mentiras e vistes enganos, por iso, velaí, Eu estou en contra de vós, di Iahveh o Señor.
9
A miña man estará contra os profetas que teñen visións falsas e adiviñan mentiras; non estarán na asemblea do meu pobo, nin serán inscritos no libro da casa de Israel, nin volverán á terra de Israel; e saberedes que Eu son Iahveh o Señor.
10
Si, porque enganaron ao meu pobo dicindo: Paz! Cando non hai paz. De maneira que un edifica o muro, e outros cúbreno con lama solta,
11
Di aos revocadores que a lama solta caerá; que virá unha choiva torrencial, e mandarei pedras de saraibada que a farán caer, e vento tempestuoso que a quebrará.
12
E cando o muro caia, non vos dirán: onde está a lama coa que o cubristes?
13
Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Farei que o rompa un vento tempestuoso coa miña ira, e co meu furor virá choiva torrencial, e con saraibada, no meu ardor de destrución.
14
Así derrubarei o muro que cubristes con lama, e botareino ao chan, e o seu alicerce será descuberto, e se desplomará, e morreredes debaixo del; saberedes que Eu son Iahveh.
15
E cumprirei a miña ira sobre o muro e sobre os que o cubriron con lama; e direivos: xa non existe o muro nin os que o cubriron!
16
É dicir, os profetas de Israel que profetizan de Xerusalém e teñen visións de paz para ela, cando non hai paz, di Iahveh o Señor.
17
E ti, fillo de home, pon a túa faciana contra as fillas do teu pobo que profetizan dende o seu propio corazón, e profetiza contra elas,
18
e dirás: así di Iahveh o Señor: ai das que cosen cintas máxicas para todas os pulsos e fan veos máxicos para cabezas de tódalas idades, para cazar as almas! Habedes cazar as almas do meu pobo e conservar así a vosa vida?
19
Profanáredesme díante do meu pobo por un puñado de cebada e por un anaco de pan, matando ás persoas que non deben morrer, e dando vida ás que non deben vivir, enganando o meu pobo para que vaia tralas vosas mentiras?
20
Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu estou contra as vosas cintas feiticeiras, coas que cazades as almas; e arricareinas das vosas mans, e soltarei as almas que cazades voando, para que voen como as aves.
21
Tamén quebrarei os vosos veos de bruxo, e librarei o meu pobo da vosa man, e non serán máis presa nas vosas mans; e saberedes que Eu son Iahveh.
22
Porque entristecestes con mentiras o corazón do xusto, a quen Eu non entristecín, e fortalecestes as mans do impío e désteslle ánimo no seu mal camiño,
23
polo tanto, non veredes máis visións falsas nin practicaredes máis a adiviñación; librarei o meu pobo da vosa man, e saberedes que eu son Iahveh.