Capítulo 5

1 E ti, fillo de home, toma para ti un coitelo afiado, toma unha navalla de barbeiro, e faina pasar sobre a túa cabeza e a túa barba; e toma unha balanza e divide os cabelos. 2 Queimarás unha terceira parte con lume no medio da cidade, cando se cumpran os días do asedio; outra terceira parte sacudirala coa espada arredor da cidade; e a outra terceira parte espallarala ao vento, porque Eu saco a espada detrás deles. 3 Tomarás tamén de alí uns cantos cabelos e ataralos no orillo do teu manto. 4 Collerás de novo deles, e botaralos no medio do lume, e halos queimar no lume; de alí sairá un lume que envolverá a toda a casa de Israel. 5 -Así di o Señor Iahveh: "Esta é Xerusalém! Coloqueina no medio dos pobos, rodeada de nacións, 6 pero ela rebelouse contra as miñas leis e as miñas ordenanzas con máis maldade que os pobos e máis que as nacións que a rodean; porque rexeitaron os meus mandamentos e non seguiron as miñas leis. 7 Por tanto, así di o Señor Iahveh: "Porque fostes máis rebeldes que as nacións veciñas, e non andastes nos meus mandamentos nin gardastes as miñas leis, nin obrastes conforme as leis das nacións que están ao voso arredor. 8 Por tanto, así di o Señor Iahveh: "Velaquí, Eu estou contra ti! Eu heite xulgar díante de todas as nacións, 9 e a causa de todas as túas abominacións, farei en ti o que nunca fixen, e nunca farei cousa semellante. 10 Por iso, no medio de ti, os pais han comer os seus fillos, e os fillos comerán os seus pais. Farei xustiza contra ti, e dispersarei todo o que quede de ti aos catro ventos. 11 Por tanto, como Eu vivo, di o Señor Iahveh, porque profanaches o meu santuario con tódalas túas abominacións, Eu tamén te destruirei; o meu ollo non perdoará, nin terei compaixón de ti. 12 Unha terceira parte dos teus morrerá de peste e serán consumidos pola fame; e unha terceira parte morrerá pola espada ao teu redor; e dispersarei a outra terceira parte a tódolos ventos, e perseguireinos a espada. 13 Deste xeito cumprirase a miña ira sobre eles, e saciarei a miña indignación, e quedarei satisfeito. E cando remate a miña ira sobre eles, saberán que Eu, Iahveh, falei de maneira apaixonada. 14 Hei de te converter en soidade e aldraxe díante das nacións que están arredor de ti, a vista de todo aquel que pase. 15 Serás motivo de burla e afrenta, de escarnio e de terror para as nacións veciñas, cando Eu execute en ti os xuízos con ira e indignación, e con castigos despiadados. Eu, Iahveh, falei. 16 Cando Eu dispare contra eles as fatídicas frechas da fame, que son para destrución, e que mandarei para vos aniquilar, entón aumentarei a fame sobre vós e quebrarei o sustento do pan. 17 Mandarei contra vós fame e bestas feroces que te deixarán sen fillos; e a peste e o sangue pasarán ao teu carón, e mandarei a espada contra; Eu, Iahveh, falei.