Capítulo 4

1 E ti, fillo do home, toma para ti un ladrillo, pono díante de ti, e diseña sobre el a cidade de Xerusalém. 2 E pon sitio contra dela, e edificarás contra ela unha fortaleza, e erguerás contra ela un muro, e porás un campamento fronte a ela, e porás arietes arredor dela. 3 Toma tamén unha tixola de ferro, e pona como muro de ferro entre ti e a cidade; e dirixe a túa faciana contra ela, e quedará sitiada. Isto é un sinal para a casa de Israel. 4 Ti deitaraste sobre o teu costado esquerdo, e Eu botarei enriba de ti a iniquidade da casa de Israel; e os días que esteas deitado deste xeito, levarás sobre ti a iniquidade deles. 5 E Eu deiche os anos da súa iniquidade polo número de días, trescentos noventa días, para que leves a iniquidade da casa de Israel. 6 Cando estes se cumpran, deitaraste sobre o teu costado dereito e cargarás coa iniquidade da casa de Xudá por corenta días; un día por cada ano, 7 e afirmarás a túa faciana cara ao asedio de Xerusalém, e co teu brazo descuberto profetizarás contra ela. 8 Velaí te hei atar con cordas, para que non te volvas dun lado a outro, ata que teñas cumpridos os días da túa opresión. 9 Recolle pois trigo, cebada, fabas e lentellas, millo e avea, e bótao todo nun frasco, e fai pan deles. Comerás iso trescentos noventa días, todos os días que esteass deitado dese lado. 10 A comida que comerás será de vinte siclos por día, e comerás sempre á mesma hora. 11 E beberás a auga medida, a sexta parte dun hin; beberala sempre á mesma hora. 12 E comerás pan de cebada, que cocerás á vista deles co lume de excremento humano. 13 E dixo Iahveh: -Así comerán os fillos de Israel o seu pan inmundo entre as nacións onde Eu os esparexerei. 14 Entón dixen: -Ai Señor Iahveh, velaí que a miña alma non se contaminou, nin comin cousa morta nin esnaquizada dende a miña xuventude ata este tempo, nin entrou na miña boca carne inmunda. 15 E respondeume: -Mira, deixo que prepares o teu pan con esterco de boi en lugar de esterco humano. 16 E dixome: -Fillo de home, velaí que quebrarei o sustento de pan en Xerusalém; e comerán o pan por peso e con anguria, e beberán a auga medida e con espanto, 17 para que ao faltarlles o pan e a auga, se miren uns aos outros con asombro, e se consuman por culpa da súa maldade.