1
Así di Iahveh o Señor: A porta do atrio interior que mira cara o oriente estará pechada os seis días de traballo; pero abrirase no día de repouso; e tamén no día da lúa nova.
2
O príncipe entrará polo camiño do portal da porta exterior, e estará de pé xunto á entrada da porta, mentres os sacerdotes ofrecen o seu holocausto e as súas ofrendas de paz; e hase postrar xunto á entrada da porta; e despois sairá, pero a porta non será pechada ata a tarde.
3
Entón o pobo da terra postrarase diante de Iahveh na entrada desta porta, nos días de repouso e nas lúas novas.
4
O holocausto que o príncipe ofrecerá a Iahveh no día de repouso será de seis años sen defecto e un carneiro sen tacha.
5
E por ofrenda vexetal un efa de flor de fariña para o carneiro, e con cada cordeiro unha ofrenda conforme as súas capacidades, e un hin de aceite co efa.
6
Pero no día da lúa nova, un becerro sen defecto da vacada, seis años e un cordeiro, que han ser sen defecto.
7
Ofrecerá ofrenda vexetal dun efa de flor de fariña co becerro e un efa con cada carneiro, pero cos años, ofrendará segundo as súas capacidades; e un hin de aceite por cada efa.
8
E acontecerá que cando o príncipe entre, entrará polo camiño do portal da porta, e sairá polo mesmo camiño.
9
Pero cando o pobo da terra entre diante da presenza de Iahveh nas festas, o que entre pola porta do norte sairá pola porta do sur; e o que entre pola porta do sur sairá pola porta do norte. Non volverá pola porta pola que entrou, senón que sairá pola de fronte dela.
10
E o príncipe entrará cando eles entren, e sairá cando eles saian.
11
Tamén nas festas e nas reunións solemnes ofrecerá como ofrenda un efa con cada becerro, e un efa con cada carneiro, e polos años segundo as súas capacidades, e un hin de aceite con cada efa.
12
Pero cando o príncipe ofreza de xeito voluntario un holocausto ou ofrendas de paz a Iahveh, abriranlle a porta que mira cara o oriente, e ofrecerá o seu holocausto e as súas ofrendas de paz como fai no día de repouso; e despois sairá, e pecharán a porta despois de saír.
13
E ofrecerás en sacrificio a Iahveh cada día un año dun ano sen defecto; ofreceralo cada mañá.
14
E con el ofrecerás cada mañá, ofrenda vexetal: a sexta parte dun efa de flor de fariña e a terceira parte dun hin de aceite, mesturado coa flor de fariña. É a ofrenda vexetal constante a Iahveh, por estatuto perpetuo.
15
Deste xeito presentarán o año e a ofrenda vexetal e o aceite cada mañán en holocausto constante.
16
Así di Iahveh o Señor: Se o príncipe dá parte da súa herdanza aos seus fillos, será deles, pois a súa posesión será por herdanza.
17
Pero se dá parte da súa herdanza a algún dos seus servos, seguirá a ser del ata o ano do Xubileo, e volverá a ser do príncipe, porque a herdanza pertenece aos seus fillos.
18
O príncipe non tomará nada da herdanza do pobo, para non despoxalo da súa posesión; dará herdanza aos seus fillos da súa propiedade, para que ninguén do meu pobo sexa privado da súa posesión.
19
Máis tarde levoume pola entrada que estaba cara a porta, aos apousentos santos dos sacerdotes que miraban cara o norte; e vin que había un lugar detrás deles do lado occidental.
20
E díxome: -Este é o lugar onde os sacerdotes cociñarán a ofrenda polo pecado e a expiación; alí tostarán a ofrenda vexetal, para que non a saquen ao atrio exterior e santifiquen así o pobo.
21
Entón levoume ao patio exterior, e fíxome pasar polos catro cantos do atrio; e en cada extremo había un patio.
22
Nos catro cantos do atrio había pequenos patios, de corenta cóbados de lonxitude e trinta de ancho. Os catro tiñan unha mesma medida.
23
E había un muro arredor deles, arredor dos catro, e fornos debaixo das paredes arredor.
24
E díxome: -Estes son os fornos onde os servidores da casa cociñarán os sacrificios do pobo.