Capítulo 41

1 Entón tróuxome ao santuario e mediu as pilastras: seis cóbados de ancho dun lado e seis cóbados do outro lado, o ancho do tabernáculo. 2 O ancho da porta era de dez cóbados, e os costados da entrada: cinco cóbados dun lado e cinco do outro. Mediu a súa lonxitude, corenta cóbados e o ancho, vinte cóbados. 3 E entrou no interior, e mediu cada piar da entrada: dous cóbados, e a porta, seis cóbados, e o ancho da entrada, sete cóbados. 4 Mediu tamén a súa lonxitude de vinte cóbados e o seu ancho: vinte cóbados diante do templo, e díxome: -Este é o lugar santísimo. 5 Mediu tamén o muro da casa: seis cóbados, e catro cóbados o ancho das cámaras arredor da casa. 6 As cámaras laterais estaban superpostas sobre outras: trinta en cada un dos tres pisos; e había cornixas no muro da casa arredor, sobre as que se apoiaban as vigas dos apousentos, sin entrar no muro. 7 E había maior anchura nos apousentos laterais, pois a escaleira de caracol subía moi alto arredor por dentro da casa; por iso o piso superior tiña máis anchura. Dende o piso inferior podía subirse ao piso medio, e dende este ao superior. 8 E mirei a altura da casa arredor; os alicerces das cámaras eran dunha cana enteira de seis cóbados de lonxitude. 9 A anchura do muro exterior das cámaras era de cinco cóbados, igual ao espacio que quedaba das cámaras da casa por dentro. 10 E entre os apousentos había unha anchura de vinte cóbados por todos os lados arredor da casa. 11 Os apousentos tiñan dúas entradas cara o espazo libre, situadas unha ao norte e a outra ao sur. O ancho dese espazo que quedaba era de cinco cóbados arredor. 12 E o edificio que estaba fronte ao espacio aberto do lado occidental tiña setenta cóbados, e o muro do edificio tiña cinco cóbados de ancho arredor, e noventa cóbados de ancho. 13 Mediu tamén a casa: cen cóbados de lonxitude, e o espazo aberto e o edificio cos seus muros: cen cóbados de lonxitude. 14 O ancho da fachada da casa e do espazo aberto cara o oriente era de cen cóbados. 15 Mediu tamén a lonxitude do edificio que estaba diante do espazo aberto que había detrás del, e as cámaras dun lado e do outro: cen cóbados; coa nave interior e os pórticos do atrio. 16 E os umbrais e as fiestras estreitas e os compartimentos arredor dos tres pisos estaban todos cubertos de madeira dende o chan ata as fiestras; e as fiestras estaban tamén cubertas, 17 por enriba da porta e ata o interior da casa. O muro, todo arredor por dentro e por fóra, segundo as súas medidas, 18 estaba labrado con querubíns e palmeiras. Había unha palmeira entre querubín e querubín, e cada un dos querubíns tiña dúas facianas: 19 un rostro de home cara a palmeira dun lado e un rostro de león cara a palmeira do outro lado, por toda a casa arredor. 20 Dende o chan ata o teito da porta había querubíns labrados e palmeiras por todo o muro do templo. 21 Cada piar do templo era cadrado, e o fronte do santuario era coma o outro fronte. 22 A altura do altar de madeira era de tres cóbados por dous de lonxitude. Tamén os seus ángulos, a súa base e as súas paredes eran de madeira. E díxome: esta é a mesa que está diante de Iahveh. 23 O templo e o santuario tiñan dúas portas. 24 E en cada porta había dúas follas, dúas follas que rodaban; dúas follas nunha porta e outras dúas na outra. 25 E nas portas do templo había querubíns e palmeiras esculpidos, como os que había nos muros; e na fachada do atrio cara o exterior había un portal de madeira. 26 E había fiestras estreitas e palmeiras nun e outro lado dos lados do pórtico; tanto nos apousentos laterais da casa como nas trabes.