1
No ano vinte e cinco do noso exilio, no comezo do ano, no décimo día do mes, no ano catorce despois que a cidade fora conquistada, nese mesmo día a man de Iahveh veu sobre min e levoume alá.
2
En visións de Deus levoume á terra de Israel, e púxome sobre un monte moi alto, sobre o que había un edificio como dunha gran cidade, cara o sur.
3
Levoume alí, e velaí un home, de parecer coma o bronce, e que tiña unha corda de liño na man e unha cana de medir; estaba de pé xunto á porta.
4
E o home faloume, dicindo: -Fillo de home, mira cos teus ollos e escoita cos teus oídos, e pon o teu corazón en todas as cousas que che vou amosar; porque para iso fuches traído aquí, para contarlle á casa de Israel todo o que ves.
5
E velaí, había un muro arredor por fóra da casa; e a cana de medir que o home tiña na man era de seis cóbados, un cóbado e un palmo menor; e mediu a anchura do muro: unha cana e a altura, outra cana.
6
Entón chegou á porta que mira cara o oriente, e subiu polos seus chanzos, e mediu a entrada da porta: unha cana de ancho, e a segunda entrada, outra cana de ancho.
7
Cada habitación tiña unha cana de lonxitude e unha cana de ancho, e entre os cuartos había cinco cóbados de ancho; e as entradas das portas xunto ao pórtico da porta por dentro, unha cana.
8
Mediu tamén a entrada da porta que daba á casa, unha cana.
9
Logo mediu a entrada do portal, oito cóbados; e os seus postes, dous cóbados; e a porta do portal estaba polo lado interior.
10
E o edificio da porta oriental tiña tres cámaras en cada lado, as tres dunha mesma medida, e as pilastras de cada lado tiñan unha mesma medida.
11
Mediu a anchura da entrada da porta, dez cóbados, e a lonxitude do portal, trece cóbados.
12
O espazo diante das cámaras era de un cóbado a un lado e de outro cóbado ao outro lado; cada cámara tiña seis cóbados por un lado e seis cóbados polo outro.
13
Mediu o edificio da porta dende o teito dunha cámara ata o teito da outra, e tiña vinte e cinco cóbados de ancho, e a entrada da cada cámara estaba unha fronte da outra.
14
Mediu tamén as pilastras: sesenta cóbados, chegando ata as pilastras do atrio que estaba arredor do portal.
15
E dende a fachada da porta da entrada ata a fachada do pórtico da porta interior, había cincuenta cóbados.
16
Había fiestras anchas por dentro e estreitas por fóra, que daban cara as cámaras no interior e arredor da porta. Do mesmo xeito, o seu vestíbulo tiña fiestras arredor e cara o interior, e en cada piar tiña palmeiras esculpidas.
17
Entón levoume ao patio exterior, e velaí, había cámaras, e un atrio lousado ao seu arredor. Trinta cámaras daban a ese patio.
18
O lousado dos lados das portas, en proporción á lonxitude dos portais, era o lousado máis baixo.
19
Despois mediu a anchura dende a fachada da porta de baixo ata a fachada do atrio interior por fóra, cen cóbados cara o oriente e o norte.
20
E da porta que estaba cara o norte, no atrio exterior, mediu a súa lonxitude,
21
e cámaras eran tres dun lado e tres do outro lado; as súas pilastras e os seus arcos eran como a medida da primeira porta: cincuenta cóbados de lonxitude e vinte e cinco de ancho.
22
As súas fiestras, os seus arcos e as súas palmeiras eran conforme á medida da porta que estaba cara o oriente; e subíase a ela por sete chanzos, e os seus arcos estaban diante delas.
23
A porta do patio interior estaba en fronte da porta cara o norte, e tamén cara o oriente; e mediu de porta a porta: cen cóbados.
24
Logo levoume cara o sur, e velaí unha porta cara o sur; e mediu os seus portais e os seus arcos conforme a estas medidas.
25
A porta e os seus arcos tiñan fiestras arredor, como as outras fiestras; a súa lonxitude era de cincuenta cóbados e a súa anchura de vintecinco cóbados.
26
As súas escaleiras tiñan sete chanzos, cos seus arcos diante delas, e tiñan esculpidas palmeiras nas súas pilastras, de cada un dos seus lados.
27
Tamén había unha porta cara o sur do atrio interior; e mediu de porta a porta cara o sur: cen cóbados.
28
Logo levoume ao atrio interior pola porta do sur, e mediu a porta do sur conforme a estas medidas.
29
As súas cámaras, as súas pilastras e os seus arcos eran conforme a estas medidas: cincuenta cóbados de largo e vinte e cinco cóbados de ancho, e tiña fiestras e arcos todo arredor.
30
Os arcos arredor tiñan vinte e cinco cóbados de lonxitude e cinco cóbados de ancho.
31
Os seus arcos estaban oriendados cara ao atrio exterior, con palmeiras esculpidas nas súas pilastras; e as súas escaleiras eran de oito chanzos.
32
Entón levoume ao atrio interior que estaba cara o oriente, e mediu a porta conforme a estas medidas.
33
As súas cámaras, as súas pilastras e os seus arcos eran conforme a estas medidas: cincuenta cóbados de longo e vinte e cinco cóbados de ancho, e tiña as súas fiestras e os seus arcos arredor.
34
Os seus arcos estaban orientados cara o atrio exterior, con palmeiras esculpidas nas súas pilastras de cada un dos seus lados, e as súas escaleiras eran de oito chanzos.
35
Logo levoume á porta do norte, e mediu conforme a estas medidas:
36
as súas cámaras, as súas pilastras, os seus arcos e as súas fiestras arredor; a súa lonxitude era de cincuenta cóbados e a súa anchura de vinte e cinco cóbados.
37
As súas pilastras daban ao atrio exterior, con palmeiras esculpidas en cada unha das súas pilastras dun lado e do outro, e as súas escaleiras eran de oito chanzos.
38
Alí había un apousento e unha porta con pilastras á entrada, onde lavaban os holocaustos.
39
E na entrada da porta había dúas mesas nun lado e outras dúas no outro, para sacrificar sobre elas o holocausto, a expiación e o sacrificio polo pecado.
40
Polo lado de fóra, segundo se sube á entrada da porta do norte, había dúas mesas; e no outro lado, na entrada da porta, outras dúas mesas.
41
Catro mesas nun lado e catro mesas no outro lado, xunto á porta; oito mesas sobre as que sacrificarán as vítimas.
42
As catro mesas para o holocausto eran de pedra labrada, de un cóbado e medio de lonxitude, de un cóbado e medio de ancho e de un cóbado de altura; sobre elas poñerán os utensilios cos que se degolarán o holocausto e o sacrificio.
43
E dentro, os ganchos dobres dun palmo menor, fixos por dentro arredor, e sobre as mesas habíase colocar a carne das vítimas.
44
E fóra da porta interior, no atrio interior que estaba xunto á porta do norte, estaban os dormitorios dos cantores que miraban cara o sur; pero había un que estaba ao lado da porta do oriente que miraba cara o norte.
45
E díxome: -Este apousento que mira cara o sur é para os sacerdotes que fan a garda do templo.
46
E o apousento que mira cara o norte é dos sacerdotes que gardan o altar; estes son os fillos de Sadoc, chamados de entre os fillos de Leví para servir a Iahveh.
47
Mediu tamén o atrio: cen cóbados de lonxitude e cen cóbados de ancho; era cadrado; e o altar estaba diante da casa.
48
Máis tarde levoume ao pórtico do templo e mediu cada piar do pórtico: cinco cóbados dun lado e cinco cóbados do outro, e o ancho da porta tres cóbados por un lado e tres cóbados por outro.
49
A lonxitude do pórtico era de vinte cóbados e o ancho, de once cóbados, ao que se subía polas escaleiras. E xunto as pilastras había dúas columnas, unha dun lado e outra do outro.