Capítulo 26

1 E aconteceu que no ano undécimo, no primeiro día do mes, veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2 Fillo de home, porque Tiro dixo contra Xerusalém: “Que ben!” A porta das nacións foi quebrantada! Caeu no meu poder! Nela heime cebar! 3 Así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu estou contra ti, Tiro! Farei subir contra ti moitas nacións coma levanta o mar as súas ondas. 4 E destruirán os muros de Tiro e derrubarán as súas torres; e varrerei dela ata o seu po, e deixareina coma unha pedra lisa. 5 E ela será tendedeiro de redes no medio do mar, porque Eu falei, di Iahveh o Señor; e será saqueada polas nacións. 6 E os seus pobos no campo serán mortos a espada; e coñecerán que Eu son Iahveh. 7 Porque así di Iahveh o Señor: "Velaí, Eu traerei contra Tiro dende o norte a Nabucodonosor, rei de Babilonia, rei dos reis, con cabalos, carros e xinetes, cun exército de numerosas tropas. 8 Matará a espada as túas fillas que están no campo, armará contra ti torres de sitio, erguerá contra ti barricadas e afirmará contra ti o seu escudo. 9 Ha bater os teus muros con arietes, e destruirá as túas torres con machadas. 10 E vas a ser envuelto no po cos seus esquadróns de a cabalo, e os teus muros tremerán polo estrondo da súa cabalería e o rodar dos seus carros, cando entre polas túas portas coma se entra nunha cidade arrasada. 11 Cos cascos dos seus cabalos esmagará todas as túas rúas; e matará o teu pobo a espada, e as túas columnas poderosas caerán en terra. 12 Roubaranche a túa riqueza e saquearán os teus bens, arrasarán os teus muros e destruirán as túas casas máis fermosas, e botarán as túas pedras, a túa madeira e ata o teu po no medio das augas. 13 E farei cesar o balbordo das túas cantigas, e o son das túas cítaras non se ha sentir máis. 14 E poreite coma unha pedra lisa e serás un tendederio de redes, e nunca máis serás edificada, porque Eu Iahveh falei, di Iahveh o Señor. 15 Así di Iahveh o Señor a Tiro: Non se han estremecer as illas díante do murmurio da túa caída, cando se lamenten os feridos, e se degolen as túas víctimas no medio de ti? 16 Entón todos os príncipes do mar baixarán dos seus tronos, e quitarán os seus mantos e despoxaranse das súas vestimentas bordadas; vestiranse de terror e, sentados sobre o chan, han se estremecer consternados, abraiados pola túa causa. 17 E levantarán sobre ti lamentación, e dirán de ti: como pereceu a cidade louvada! Poboada por xente de mar. Poderosa no mar, ela xunto cos seus moradores, arrasaban con medo a cantos a rodeaban. 18 Agora, as illas tremen no día da túa caída; e as illas que están no mar estarán abraiadas pola túa fin. 19 Porque así di Iahveh o Señor: "Farei de ti unha cidade desolada coma as cidades que xa están desertas, farei que o mar suba sobre ti e as moitas augas te cubran. 20 Heite afundir cos que baixan ao sepulcro, xentes de tempos remotos, e poreite nas profundidades da terra coma nas ruínas da atigüidade, cos que baixan ao sepulcro, para que nunca máis sexas habitada; pero Eu darei gloria á terra dos vivos. 21 Convertereite nun terror, e deixarás de ser. Serás buscada, pero nunca máis serás atopada, di Iahveh o Señor.