Capítulo 24

1 Veu a min a palabra de Iahveh no ano noveno, no décimo mes, no décimo día do mes, dicindo: 2 Fillo de home, escribe a data deste día, pois neste mesmo día o rei de Babilonia érguese contra Xerusalém. 3 E fala por parábola á casa rebelde, e dilles: -Isto di Iahveh o Señor: pon a pota, si, pona, e bota tamén auga nela! 4 Bota nela tódalas pezas que debes botar: anacos escollidos, o pernil e o solombo, énchea de ósos selectos. 5 Toma o mellor do rabaño, e coloca a madeira debaixo da pota para que ferva ben, cociña os seus ósos dentro dela. 6 Porque así di Iahveh o Señor: Ai da cidade sanguinaria, da pota que ten dentro dela a inmundicia, e a súa ferruxe non foi quitada! Saca pois cada anaco e non botes sortes sobre ela. 7 Porque o seu sangue está dentro dela; vertida sobre a rocha núa. E non a derramou sobre a terra para que a cubrira o po. 8 Para indignarme, para vengarme, Eu tamén puxen na roca núa o sangue que derramou, e non será cuberta. 9 Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Ai da cidade sanguinaria! Pois Eu mesmo botarei máis madeira no lume! 10 Que se amontone a madeira e o lume sexa cada vez máis forte, que a carne sexa cocida e o caldo espeso, ata que os ósos estean queimados por completo! 11 Deixa a pota baleira sobre as brasas para que se requente o cobre e se poña ao roxo vivo, e derreta a súa roña e se consuma a súa ferruxe! 12 Mais non serve para nada, porque é grande a súa ferruxe e non sae dela nin con todo o lume. 13 A túa inmundicia está chea de infamia, porque Eu tentei limparte, pero non quixeches ser limpa da túa inmundicia. Pois non serás limpia ata que Eu desafoge toda a miña ira! 14 Eu, Iahveh, falei; así será, e cumprireino. Non me volverei atrás, nin terei misericordía, nin desistirei. Segundo os teus camiños e as túas obras hante xulgar, di Iahveh o Señor. 15 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 16 Fillo de home, velaí que Eu quítoche o que desexan os teus ollos; non te entristezas, nin chores, nin corran as túas bágoas. 17 Reprende o suspirar, non fagas loito no sepulcro; pon o teu turbante e as sandalias nos teus pés; non te cubras con farrapos nin comas pan de dó. 18 E falei ao pobo na mañá, e á tarde morreu a miña muller; e na mañá fixen como se me mandara. 19 fas? 20 E eu dixenlles: -A palabra de Iahveh veu a min, dicindo: 21 Di á casa de Israel: así di Iahveh o Señor: Velaquí, Eu profanarei o meu santuario, a gloria do voso poder, o desexo dos vosos ollos e o pracer da vosa alma; e os vosos fillos e as vosas fillas que deixastes, caerán á espada. 22 Entón faredes como Eu fixen; non vos cubriredes con saco, nin comeredes pan de dó. 23 Os vosos turbantes estarán sobre as vosas cabezas e as vosas sandalias nos vosos pés; non vos lamentaredes nin choraredes, senón que vos consumiredes polas vosas maldades, e xemeredes mirándovos uns aos outros. 24 Ezequiel será para vós un sinal; conforme todas as cousas que el fixo, así faredes; cando isto aconteza, saberedes que Eu son Iahveh o Señor. 25 E ti, fillo de home, non estarás no día en que Eu lles quite a súa fortaleza, a ledicia da súa gloria, o deleite dos seus ollos e o que desexan as súas almas, e tamén os seus fillos e as súas fillas, 26 Nese día virá a ti un que fuxiu para traer as novas aos teus propios ouvidos. 27 Nese día abrirase a túa boca para falar ao fuxitivo, e falarás, e non serás máis mudo; e serás para eles un sinal, e saberán que Eu son Iahveh.