1
Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
2
Ti, fillo de home, non has xulgar, non quererás ti mesmo xulgar á cidade sanguinaria? Entón denuncia todas as súas abominacións!
3
Dille, pois: así di Iahveh o Señor: Ó cidade que marcha cara o seu final derramando sangue no seu interior, e que se contaminou fabricando ídolos!
4
Polo sangue que derramaches pecaches, e contaminácheste cos ídolos que fixeches; así que achegaches a túa hora, e vén o día do remate da túa existencia. Por iso poñote coma escarnio entre as nacións e burla para tódolos pobos.
5
Os que están preto de ti e os que están lonxe burlaranse de ti, famosa pola túa impureza, e chea de confusión.
6
Olla, os príncipes de Israel, cada un segundo o seu poder, derraman sangue en ti a porfía.
7
En ti trataron con desprezo o pai e a nai; no medio de ti trataron con violencia ao estranxeiro; en ti asoballaron o orfo e a viúva.
8
Rexeitaches os meus santuarios e profanaches os meus días de repouso.
9
En ti hai homes que calumnian para verter sangue; e sobre os montes comen e no medio de ti fan perversidades.
10
No medio de ti descobren a nudez do pai, e en ti fan violencia á muller que está nos días da menstruación.
11
Cada un fixo abominación coa muller do seu próximo, e cada un contaminou con perversidades a súa nora, e cada un violou a súa irmá, filla de seu pai.
12
No teu medio admítese o suborno para verter sangue: Fixécheste usureiro para emprestar a outros e enriquecécheste con diñeiro mal ganado, defraudas con violencia ao teu próximo, e a min esquecíchesme, di Iahveh o Señor.
13
E velaquí, Eu bato as miñas mans por mor da túa avaricia, e por mor do sangue que verteches no medio de ti.
14
Estará firme o teu corazón e serán fortes as túas mans no día en que Eu actue contra ti? Eu, Iahveh, prometino e fareino.
15
Heite dispersar entre os pobos e entre as nacións; e farei que desapareza de ti a túa inmundicia.
16
Por ti mesma serás degradada a vista das nacións; e saberás que eu son Iahveh.
17
v 17 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
18
Fillo de home, a casa de Israel converteuse en escoria para min; todos eles son bronce, estanque, ferro, estaño e chumbo no medio do forno: prata falseada!
19
Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Por canto todos vós vos convertestes en escoria, por iso, velaí, Eu reunireivos no medio de Xerusalém.
20
Como alguén xunta a prata e o bronce, o ferro e o chumbo, e o estaño no medio do forno, e sopran lume nel para fundilos, así vos xuntarei na miña ira e na miña indignación, e soprarei e fundireivos.
21
Eu reunireivos e soprarei sobre vós no lume da miña ira, e seredes fundidos no medio del.
22
Como se funde a prata no medio do forno, así seredes fundidos no medio del; e saberedes que Eu, Iahveh, derramei a miña ira sobre vós.
23
Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
24
Fillo de home, dille a ela: ti non es unha terra limpa, nin asperxida coa choiva no día da ira.
25
Hai unha conspiración dos seus profetas no medio dela, coma un león ruxindo que arrebata a presa. Devoraron as almas, quitaron as riquezas e as cousas preciosas, multiplicaron ás súas viuvas dentro dela.
26
Os seus sacerdotes violaron a miña lei e contaminaron os meus santuarios, sin facer distinción entre o santo e o profano, e tampouco distinguiron entre o inmundo e o limpo; afasatando os seus ollos dos meus días de repouso, e deste xeito cheguei a ser profanado no medio deles.
27
Os seus príncipes no medio dela son coma lobos que arrebatan a presa, vertendo sangue e destruíndo almas para obteren ganancias deshonestas.
28
E os seus profetas cubríronse de lama solta, profetizándolles vaidades e adiviñándolles mentiras, dicindo: así dixo Iahveh o Señor! Cando Iahveh non falara.
29
E o pobo da terra oprimiu e roubou, fixo violencia ao pobre e ao necesitado, facéndolle extorsión ao estranxeiro.
30
E busquei entre eles un home que fixera un valo e que se puxera na brecha díante de min en favor da terra, para que Eu non a destruíra, pero non o atopei.
31
Polo tanto derramei sobre eles a miña ira, e co ardor da miña ira consuminos. Fixen que os seu camiños caeran sobre a súa propia cabeza, di Iahveh o Señor.