1
Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
2
-Fillo de home, propon un enigma e compon unha parábola á casa de Israel;
3
E dirás: así di Iahveh o Señor: "Unha grande aguia, de grandes ás e chea de plumas de moitas cores, veu ao Libano e colleu un ramo do cedro.
4
Arrincou o mellor dos seus gromos e levouno a unha terra de marchantes, e púxoo nunha cidade de comerciantes.
5
E colleu tamén da semente da terra, e botouna nun campo bo para sementar, e plantouna coma un salgueiro xunto a augas abundantes,
6
e abrollou e fíxose unha cepa de moitas ramas, de pequena altura, e para que as súas ramas estiveran orientadas cara a aguia, e as súas raíces estiveran embaixo dela, de xeito que chegou a ser unha cepa, botou vides e sacou abrochos, e agromou cos sarmentos.
7
Mais veu outra grande aguia, de grandes ás e de moita plumaxe; e velaí que esta vide xirou as súas raíces xunto a ela e estendeu as súas ramas cara ela para ser regada por ela no bacelo do seu plantío.
8
Aínda que estaba plantada nun terreo bo, xunto a moitas augas, para que botara ramas e dera froito, e para que fose unha vide robusta.
9
Dilles: así di Iahveh o Señor: Prosperará? Ou arrincará as súas raíces e destruirá o seu froito, e secará? Non fará falla un gran poder nin moita xente para arrincala das súas raíces.
10
Velaí, está plantada, prosperará? Ou secará por completo cando o vento do leste a azoute? Non secará no bacelo onde foi plantada?
11
Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo:
12
"Di agora á casa rebelde: non entendedes o que significan estas cousas? Dilles: o rei da Babilonia veu a Xerusalém, e apresou o teu rei e os seus príncipes, e levounos consigo a Babilonia."
13
Collendo tamén a un da descendencia real, fixo un pacto con el, e fíxoo xurar, e levou con el os poderosos da terra,
14
para que o reino fose derrubado e non se fixese orgulloso, a fin de que gardase o pacto e permanecese en pé.
15
Mais el rebelouse contra el, mandando embaixadores a Exipto para que lle desen cabalos e moita xente. Lograrao?, Fuxirá o que fixo tales cousas? Quen quebrantou o pacto, fuxirá?
16
Vivo Eu, di Iahveh o Señor, que morrerá no medio de Babilonia, no territorio do rei que o fixo reinar; aquel a quen desprezou no seu xuramento e que quebrantou o pacto que fixera con el.
17
Faraón non ha salvalo na guerra, nin cun gran exército nin con moitos soldados, cando ergan as murallas do asedio e constrúan as torres para matar a tanta xente.
18
Xa que desprezou o xuramento e quebrantou o pacto. Deu a súa man e despois fixo todas estas cousas, non poderá fuxir!
19
Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Como Eu vivo, traerei sobre a súa cabeza o meu xuramento que desprezou e o meu pacto que quebrantou!
20
Estenderei sobre el a miña rede, e será prendido no meu lazo; e fareino vir a Babilonia, e alí xulgareino pola súa infidelidade contra min.
21
E todos os escollidos de tódalas súas tropas morrerán a espada, e os que queden serán dispersados por tódolos ventos; e saberedes que Eu, Iahveh, falei.
22
Así dixo Iahveh o Señor: "Eu mesmo tomarei un anaco de cedro alto e plantareino; e cortarei un ramo do principal dos seus xermolo, e plantareino sobre o monte alto e exaltado.
23
No monte alto de Israel heino plantar, e erguerá as súas ramas, e dará froito, e farase un cedro magnífico; e habitarán debaixo del tódalas aves de todas as clases; na sombra das súas ramas morarán.
24
E todas as árbores do campo coñecerán que Eu, Iahveh, humillo a árbore alta, e levanto a árbore humilde. Seco a árbore verde, e fago reverdecer a árbore seca. Eu, Iahveh, dixen iso e heino cumprir.