Capítulo 39

1 Ademais da tea azul, púrpura e escarlata fixeron vestiduras finas tecidas para ministrar no lugar santo, e tamén fixeron vestiduras sagradas para Aarón, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 2 O artesán fixo tamén o efod de ouro, tea azul, púrpura e escarlata de de liño fino. 3 Bateron a martelo láminas de ouro e as cortaron en fios para telélas coa tea azul, púlpura e escarlata de liño fino obra do artesán. 4 Fixeron ombreiras para o efod, e as fixaron polos dous cabos. 5 O cinto ben tecido estaba sobre el, era do mesmo material, da mesma feitura: de ouro, de tea azul, púrpura e escalata de liño fino torcido, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 6 Tamén tallaron as pedras de ónice, engastadas en filigrana de ouro, grabadas coma un selo cos nomes dos fillos de Israel. 7 Púxoas sobre as ombreiras do efod, coma pedras memoriais para os fillos de Israel, tal e coma o Señor lle mandara a Moisés. 8 O artesán fixo o pectoral como o traballo do efod: de ouro, de tea azul, púrpura e escarlata e de liño fino torcido. 9 Era cuadrado e doble, fixeron o pectoral de un palmo de largo e un palmo de ancho ao doblálo. 10 Montaron catro ringleiras de pedras. A primeira ringleira era un rubí, un topacio e unha esmeralda. 11 A segunda ringleira unha turquesa, un zafiro e un diamante. 12 A terceira ringleira un xacinto, unha ágata e unha ametista. 13 E a cuarta ringleira un berilo, un ónice e un xaspe. Estaban engastadas en filigrana de ouro. 14 As pedras correspondían aos nomes dos fillos de Israel. Eran doce segundo os seus nomes, grabadas coma un selo, cada unha co seu nome conforme as doce tribos. 15 No pectoral, fixeron cadeiñas de ouro puro en forma de cordóns trenzados. 16 Fixeron tamén dous engastes de filigrana de ouro e dous aneis de ouro e puxeron os dous aneis nos extremos do pectoral. 17 Puxeron os dous cordóns de ouro nos aneis aos extremos do pectoral. 18 Colocaron os outros dous extremos dos dous cordóns nos engastes de filigrana e os fixaron nas ombreiras do efod na súa parte dianteira. 19 Fixeron dous aneis de ouro máis e os colocaron nos extremos do pectoral, no borde que da a dentro do efod. 20 Fixeron outros dous aneis de ouro e os puxeron na parte abaixo das dúas ombreiras do efod, por diante, perto da unión, sobre o cinto tecido do efod. 21 Ataron o pectoral polos seus aneis aos aneis do efod con un cordón azul para que estivese por cima do cinto tecido do efod e para que o pectoral non se soltara do efod, tal como o Señor lle mandara a Moisés. 22 Fixo tamén o manto do efod tecido en tea azul, traballo de un tecedor. 23 A abertura do manto estaba no medio con unha orla ao derredor coma unha cota para que non rompera. 24 No borde inferior do manto fixeron granadas de tea azul, púrpura e escarlata de liño torcido. 25 Tamén fixeron campaniñas de ouro puro, e puxeron as campaniñas entre as granadas ao derredor de todo o borde do manto, 26 alternando unha campaniña e unha granada ao derredor de todo o borde do manto para o servizo, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 27 Fixeron para Aaron e seus fillos as túnicas de liño fino tecido, 28 a tiara de liño fino, os adornos das mitras de liño fino, os calzóns de liño fino 29 e o cinto de liño lino torcido de azul, púrpura e escarlata, obra do tecelán, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 30 Fixeron a lámina da diadema santa en ouro puro e grabaron nela como a marca dun selo: Santidade ao Señor. 31 Puxeronlle un cordón azul para suxeitála por riba da tiara, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 32 Así terminaron os fillos de Israel as obras do tabernáculo da tenda de reunión 33 conforme a todo o que o Señor lle madara a Moisés. Así fixeron. Trouxeron o tabernaculo diante de Moisés, a tenda con todo o seu mobiliario: os seus broches, as súas táboas, as súas barras, as súas columnas e as súas bases, 34 a cuberta de peles de carneiro tinxidas de bermello, a cuberta de peles de toniña e o veo de separación, 35 a arca da testemuña, as súas varas e o propiciatorio; 36 a mesa, todos os seus utensilios e o pan da presenza; 37 o candelabro de ouro puro con todas as lámpadas e todos os seus utensilios e o óleo para o alumeado; 38 o altar de ouro, o óleo da unción, o incenso aromático e a cortina para a entrada da tenda; 39 o altar de bronce co seu enreixado, as súas varas e e todos os seus utensilio, a pia e a súa base; 40 as cortinas do adro coas súas columnas e as súas bases, as cortinas para a entrada do adro, as súas cordas, as súas estacas e todos os utensilios do servizo do tabernáculo da tenda de reunión; 41 as vestiduras tecidas para ministrar no lugar santo e as vestiduras sagradas para o sacerdote Aarón e as vestiduras dos fillos para ministrar coma sacerdotes. 42 Os fillos de Israel fixeron toda o traballo conforme a todo o que o Señor lle mandara a Moisés. 43 E Moisés examinou todo a obra e velaquí que a levaran a cabo, tal e como o Señor lle ordenara, dese xeito a fixeron. E Moisés os bendeciu.