1 Tamén fixo o altar do holocausto de madeira de acacia, de cinco cóbados de longo, cinco cóbados de ancho, cadrado, e tres cóbados de alto. 2 E lle fixo cornos nas catro esquinas; os cornos eran dunha soa peza co altar, 3 e os forrou de bronce. Fixo tamén todos os utensilios do altar: os caldeiros, as pás, os tazóns, os garfos e os braseiros. Todos os utensilios os fixo de bronce. 4 Por debaixo do seu borde, fíxolle ao altar un enreixado de bronce con forma de rede que chegaba ata metade do altar. 5 E fundiu catro argolas para os catro extremos do enreixedo de bronce por onde se metían as varas. 6 Tamén fixo as varas de madeira de acacia e as forrou de bronce. 7 E meteu as varas polas argolas que estaban aos lados do altar para transportálo. Fixoo oco, de táboas. 8 Ademáis fixo a pila de bronce, coa base de bronce, cos espellos das mulleres que servían na porta da tenda de reunión. 9 Fixo tamén o adro para o lado do Neguev, ao sur, as cortinas do adro eran de liño fino torcido de cen cóbados. 10 As súas vinte columnas e as súas vinte bases eran de bronce; os ganchos das colmnas e as súas molduras eran de prata. 11 Polo lado do norte había cen cóbados; as súas vinte columnas coas súas vinte bases eran de bronce, os ganchos das columna e as súas molduras eran de prata. 12 Polo lado occidental había cortinas de cincuenta cóbados coas súas dez columnas e as súas dez bases; os ganchos das columnas e as súas molduras eran de prata. 13 Polo lado oriental había cincuenta cóbados. 14 As cortinas a un lado da entrada eran de quince cóbados, con tres columnas e tres bases, e o mesmo ao outro lado. 15 Aos dous lados da porta do adro había cortinas de quince cóbados coas súas tres columnas e as súas tres bases. 16 Todas as cortinas ao derredor do adro eran de liño fino torcido. 17 As bases das columnas eran de bronce, os ganchos das columnas e as súas molduras de prata, todas as columnas do adro tiñan molduras de prata. 18 As cortinas da entrada do adro eran de tea azul, púrpura e escarlata, o liño fino torcido era obra dun tecelán. Tiña vinte cóbados de longo e cinco cóbados de alto, o mesmo que as cortinas do adro. 19 As súas catro columnas e as súas catro bases eran de bronce, os seus ganchos eran de prata e o revestimento dos seus capiteles e as súas molduras tamén eran de prata. 20 Todas as estacas do tabernaculo e do adro ao derredor eran de bronce. 21 Estas cousas do tabernáculo, do tabernáculo da alianza, foron enumeradas segundo conforme ao mandato de Moisés para o servizo dos levitas, baixo a dirección de Itamar, fillo do sacerdote Aarón. 22 Bezaleel, fillo de Uri, fillo de Hur, da tribo de Xudá, fixo todo o que o Señor mandara a Moisés. 23 Con el estaba Aholiab, fillo de Aisamacm da tribo de Dan, grabador, creador e tecelán da tea azul, púrpura e escarlata en liño fino. 24 O total do ouro empregado para a obra do santuario, o ouro das ofrendas, foi de vintenove talentos e setecentos siclos, segundo o siclo do santuario. 25 A prata dos que foron censados foi de cen talentos e mil setecentos setenta e cinco siclos, segundo o siclo do santuario. 26 Un becá por cabeza, medio siclo, segundo o siclo do santuario. Isto por cada home de vinte anos para arriba, seis centos tres mil quinientos cincuenta homes en total. 27 Cen talentos de prata empregáronse para as bases do santuatrio e as bases das cortinas. Cen bases polos cen talentos e un talento por base. 28 Con mil sete centos setenta e cinco siclos fixo os ganchos para as columnas e revestiu os seus capiteis e lles fixo as molduras. 29 O bronce da ofrenda foi de setenta talentos e dous mil catro centos siclos. 30 Con el fixo as bases da entrada da tenda de reunión, o altar de bronce, o enreixado de bronce e todos os utensilio do altar, 31 as bases do adro ao derredor e as bases da entrada do adro, todas as estacas do tabernáculo e todas as estacas do adro ao derredor.