1 Entón o Señor lle falou a Moisés dicindo: 2 O primeiro día do mes primeiro montarás o tabernáculo da tenda de reunión. 3 Porás aí a arca da alianza e taparás a arca co veo. 4 Traerás a mesa e porás en orde o que vai enriba dela. Tamén meterás o candelabro e prepararás as lámpadas. 5 Porás o altar de ouro para o incenso diante da arca da alianza e colocarás as cortinas na entrada do tabernáculo. 6 Porás o altar do holocausto diante da entrada do tabernáculo da tenda de reunión. 7 Despois colocarás a pia entre a tenda de reunión e o altar e botarás auga nela. 8 Porás o adro ao derredor e colgarás o veo na entrada do adro. 9 Logo collerás o óleo da unción e unxirás o tabernáculo e todo o que hai nel. Consagrarálo con todos os seus utensilios e será santo. 10 Unxirás tamén o altar do holocausto e todos os seus utensilios; consagrarás o altar e o altar será santísimo. 11 Unxirás e consagrarás tamén a pia coa súa base. 12 Despois farás que Aarón e os seus fillos se acheguen á entrada da tenda de reunión e os lavarás con auga. 13 Vestirás a Aarón coas vestiduras sagradas, unxirálo e consagrarálo para que me sirva como sacerdote. 14 Farás que se acheguen os seus fillos e lles porás as túnicas, 15 unxirálos como unxistes ao seu pai para que me sirvan como sacerdotes; e a súa unción servirálles para sacerdocio perpétuo por todas as xeracións. 16 Moisés fixo conforme a todo o que o Señor lle mandara. Así o fixo. 17 O primeiro día do primeiro mes do segundo ano levantouse o tabernáculo. 18 Moisés levantou o tabernáculo e puxo as súas bases, colocou as táboas, puxo as barras e levantou as columnas. 19 Desplegou a tenda sobre o tabernáculo e puxo a cuberta da tenda por enriba del, tal e como lle mandara o Señor. 20 Entón tomou as táboas da alianza e meteunas na arca, colocou varas na arca e puxo o propiciatorio enriba da arca. 21 Meteu a arca no tabernáculo e puxo un veo por cortina que tapaba a arca da alianza, conforme o Señor lle mandara. 22 Puxo tamén a mesa na tenda de reunión, do lado norte do tabernáculo, por fora do veo; 23 puxo sobre ela os pans diante do Señor, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 24 Colocou o candelabro na tenda de reunión, frente da mesa, ao lado sur do tabernáculo 25 e prendeu as lámpadas diante do Señor, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 26 Tamén puxo o altar de ouro na tenda de reunión, diante do veo. 27 Queimou nel incenso aromático, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 28 Colocou a cortina na entrada do tabernáculo, 29 puxo o altar do holocausto diante da entrada do tabernáculo da tenda de reunión. Ofreceu sobre el holocausto e ofrendas da terra, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 30 Puxo a pia entre a tenda de reunión e o altar e puxo nela auga para as ablucións. 31 Moisés, Aarón e os seus fillos lavaban as mans e os pes nela. 32 Lavabanse cando entraban na tenda de reunión e cando se achegaban ao altar, tal e como o Señor lle mandara a Moisés. 33 Moisés levantou o adro ao derredor do tabernáculo e do altar, colocou a cortina para a entrada do adro. Así rematou Moises a obra. 34 Entón a nube cubriu a tenda de reunión e a gloria do Señor encheu o tabernáculo. 35 Moisés non podía entrar na tenda de reunión porque a nube estaba sobre ela e a gloria do Señor enchía o tabernáculo. 36 Cando a nube se erguía do tabernáculo, os fillos de Israel se puñan en marcha na súa viaxe. 37 Mais se a nube non se erguía, eles non se puñan en marcha ata o día en que se erguía. 38 Durante toda a viaxe, a nube do Señor estaba de día sobre o tabernáculo e pola noite había lume na nube á vista de toda a casa de Israel.