1 Moises e os anciáns de Israel deron orde ao pobo , dicindo: gardade todos os mandamentos que eu vos ordeno hoxe. 2 O día en que pasedes o Xordán para a terra que Iahveh, o teu Deus, che dá, erixirás para ti pedras grandes, halas calear 3 e escribirás en cada unha delas todas as palabras desta lei, cando teñades cruzado para entrar na terra que Iahveh, o teu Deus che dá, unha terra na que flúe leite e mel, tal e como Iahveh, o Deus dos teus pais, che prometeu. 4 Cando pasedes o Xordán, erixirás estas pedras no monte Ebal tal e como che mando hoxe e halas calear. 5 Ademais, edificarás alí un altar a Iahveh, o teu Deus, un altar de pedras e non usarás ferramentas de ferro sobre elas. 6 Construirás o altar a Iahveh, o teu Deus, con pedras enteiras e sobre el ofrecerás holocaustos a Iahveh, o teu Deus, 7 e sacrificarás ofrendas de paz e comerás alí e alegraraste alí diante de Iahveh, o teu Deus. 8 Escribirás claramente nas pedras todas as palabras desta lei. 9 Entón Moisés e os sacerdotes levitas falaron a todo Israel, dicindo: garda silencio e escoita, Oh Israel. Hoxe chegastes a ser o pobo de Iahveh, o teu Deus. 10 Polo tanto, obedecerás a Iahveh, o teu Deus, e cumprirás os seus mandamentos e os seu estatutos que che mando hoxe. 11 Tamén Moisés mandou nese día ao pobo, dicindo: 12 Estes son os que van a estar sobre o monte Xericim para bendicir o pobo: Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Xosé e Benxamín. 13 E estes son os que estarán sobre o monte Ebal para maldicir: Rubén, Gad, Aser, Zabulón, Dan e Neftalí. 14 Entón os levitas responderán e dirán en voz alta a todos os homes de Israel: 15 Maldito todo aquel que faga ídolo ou imaxe de fundición, abominación a Iahveh, obras de mans dun artesán, e a poña en lugar escondido. E todo o pobo responderá e dirá "Amén". 16 Maldito todo aquel que menosprece ao seu pai ou a súa nai. E todo o pobo responderá "Amén". 17 Malito o que cambie o marco do seu veciño. E todo o pobo responderá "Amén". 18 Maldito o que faga desviarse do seu camiño a un cego. E todo o pobo responderá "Amén". 19 Maldito o que torza o dereito do estranxeiro, do orfo e da viúva. E todo o pobo responderá "Amén". 20 Maldito o que se deite coa muller do seu pai, porque deixou ao descuberto a vestidura do seu pai. E todo o pobo dirá "Amén". 21 Maldito o que se deite con calquera animal. E todo o pobo dirá "Amén". 22 Maldito o que se deite coa súa irmá, a filla do seu pai ou da súa nai. E todo o pobo dirá "Amén". 23 Maldito o que se deite coa súa sogra. E todo o pobo dirá "Amén". 24 Maldito o que mate ao seu veciño en segredo. E todo o pobo dirá "Amén". 25 Maldito o que acepte un suborno para quitarlle a vida a un inocente. E todo o pobo dirá "Amén". 26 Maldito o que non confirme as palabras desta lei, poñéndoas por obra. E todo o pobo dirá "Amén".