Capítolo 25

1 Se hai litixo entre dous homes e van ao tribunal e o xuíz xúlgaos, os xustos serán absoltos e condenarán aos culpables. 2 Se o culpable merece ser azoutado, o xuíz fará que se bote no chan e será flaxelado na súa presenza co número de azoutes de acordo co seu crime. 3 Pode darlle corenta azoutes, pero non máis, non sexa que lle dea moitos máis que estes e o teu irmán quede humillado ante os teus ollos. 4 Non porás buceira ao boi mentres trille. 5 Cando dous irmáns viven xuntos e un deles morre e non ten fillo, a muller do finado ***non será apartada para un home estraño***non ha casar fóra cun home estraño. O cuñado achegarase a ela e tomaráa por muller (e cumprirá con ela o seu deber de cuñado). 6 O primoxénito que ela dea a luz, levará o nome do irmán defunto, para que o seu nome non desapareza de Israel. 7 Mais se o home non quere tomar a súa cuñada, entón a muller irá ata a porta dos anciáns e dirá: o meu cuñado négase a establecer un nome para o seu irmán en Israel. Non quere cumprir conmigo a súa obriga de cuñado. 8 Entón os anciáns da cidade chamarán por el e falaranlle. E se el insiste e di: non quero tomala, 9 entón a súa cuñada achegarase a el diante dos anciáns, quitaralle a sandalia do pé e cuspiralle á cara e ela dirá: así se lle fai a un home que non quere edificar a casa do seu irmán. 10 E diráselle en Israel: "a casa da sandalia quitada" 11 Se dous homes pelexan, un é mais o seu irmán, e a muller dun deles achégase para librar ao seu home do que está batendo nel, e ela metendo a man, cólleo polos xenitais, 12 entón cortaraslle a man; o teu ollo non terá compaixón. 13 Non terás na túa bolsa pesos diferentes, un grande e un pequena. 14 Non terás na túa casa medidas diferentes, unha grande e unha pequena. 15 Terás peso completo e xusto, terás medida completa e xusta, para que se multipliquen os días que Iahveh che da na terra. 16 Porque todo o que fai estas cousas, todo o que comete inxustiza, é abonimación para Iahveh o teu Deus. 17 Lembra o que che fixo Amalec no camiño cando saístes de Exipto, 18 como che saíu ao encontro e como te atacou por detrás cando ti estabas canso e fatigado, e non tivo temor ningún de Deus. 19 Así acontecerá cando Iahveh o teu Deus che dea descanso de todos os teus inimigos ao teu derredor, na terra que Iahveh o teu Deus che dá para que tomes posesión dela, borrarás a memoria de Amalec de debaixo dos ceos. Non o esquezas.