1 Cando alguén toma a unha muller, casa con ela e resulta que non lle é agradable porque atopou algo reprobable nela, poderá escribir unha carta de divorcio, darlla na man e despedila da súa casa. 2 Cando ela marche da casa del poderá ir e ser doutro home. 3 Se o segundo home tamén a aborrece e escríbelle carta de divorcio, dálla na man e a despídea da súa casa, ou este último home morre, 4 non lle estará permitido volver casar con ela ao primeiro marido, logo de se contaminar, pois sería abominable aos ollos de Iahveh, e non farás que se corrompa a terra que Iahveh o teu Deus che dá por herdanza. 5 Cando un home estea recén casado, non irá ao exército ni se lle imporá ningún deber. Quedará libre na súa casa por un ano para facer feliz á muller coa que casou. 6 Ningún tomará por prenda o muiño ou a pedra de moer**moa** porque sería tomar como prenda a propia vida. 7 Se se descobre a un home que teña secuestrado a alguén dos seus irmáns israelitas e trátao con violencia ou véndeo, entón ese ladrón morrerá. Así quitarás o mal de medio de ti. 8 En canto á infección da gafura, ten conta de observares dilixentemente e actúa de acordo con todo o que os sacerdotes levitas vos ensinen. Como lles teño mandado, asi coidarás de facer. 9 Lembra o que Iahveh o teu Deus fixo a Miram no camiño, cando saístes de Exipto. 10 Cando emprestes calquera cousa ao teu próximo, non irás á súa casa para collerlla como fianza. 11 Quedarás fóra, e o home a quen fixeches o préstamo traerache a fianza. 12 E se é un home pobre non te deitarás retendo aínda a súa fianza. 13 Has devolver por enteiro a fianza antes de poñerse o sol, para que durma coas súa roupa e te bendiga; e para ti será unha obra xusta diante de Iahveh o teu Deus. 14 Non oprimirás ao xornaleiro pobre e ao necesitado, ben sexa alguén do teu pobo ou un dos estranxeiros que vive na túa terra e nas túas cidades. 15 Daraslle o seu salario o mesmo día antes de que se poña o sol porque é pobre e puxo niso o seu corazón, non sexa que clame contra ti a Iahveh e sexa pecado para ti. 16 Os pais non morrrerán polos seus fillos nin os fillos morirán polos seus pais. Cada un morrerá polo seu pecado. 17 Non has torcer a xustiza debida ao forasteiro nin ao orfo, nin tomarás en prenda a roupa da viúva, 18 senón que lembrarás que fuches escravo en Exipto e que Iahveh o teu Deus rescatoute, polo tanto, eu mándoche que fagas isto. 19 Cando segues a túa més no teu campo e esquezas algunha gavela no campo, non regresarás a recollela; será para o forasteiro, para o orfo e para a viúva, para que Iahveh o teu Deus bendiga todo canto fagas. 20 Cando sacudas as túas oliveiras, non has repasalas despois, serán para o forasteiro, para o orfo e para a viúva. 21 Cando recollas o froito da túa viña, non a rebuscarás, será para o forasteiro, para o orfo e para a viúva. 22 Lembra que ti fuches escravo na terra de Exipto; polo tanto, eu mándoche que fagas isto.