1 Non entrará na asamblea de Iahveh o que teña o seu membro machucado ou castrado. 2 Ningún fillo ilexítimo poderá entrar na asemblea de Iahveh e ningún dos seus descendentes ata a décima xeración, poderá entrar na asemblea de Iahveh. 3 Nin amonita nin moabita entrará na asemblea de Iahveh. Ningún dos seus descendentes, ata a décima xeración, entrará xamais na asemblea de Iahveh, 4 porque non vos recibiron con pan e auga cando saístes de Exipto e porque contrataron a Balaam, fillo de Beor, de Petor en Aram-naharaim para maldicirte. 5 Mais Iahveh o teu Deus non quixo escoitar a Balaam senón que cambiou a maldición en bendición porque Iahveh o teu Deus, ámate. 6 Nunca has procurar a súa paz nin a súa prosperidade en toda a túa vida. 7 Non aborrecerás o edomita porque é o teu irmán. Non aborrecerás o exipcio porque fuches estranxeiro na súa terra. 8 Os fillos da terceira xeración poderán entrar na asemblea de Iahveh. 9 Cando saias como exército contra os teus inimigos gardaraste de toda cousa mala. 10 Se no medio de ti hai un home impuro por causa dunha polución nocturna, debe saír fora do campamento e non volverá a entrar. 11 E será que á tardiña lavarase con auga eao solpor, poderá volver a entrar no campamento. 12 Terás un lugar fóra do campamento, a onde saias, 13 e haberá entre as túas armas unha estaca e cando teñas que facer de ventre fóra, cavarás con ela e volverás e has cubrir o teu excremento. 14 Porque Iahveh o teu Deus anda no medio do campamento para liberarte e derrotar os teus inimigos que están fronte a ti. Polo tanto, o teu campamento ha ser santo, non vaia ser que El vexa en ti cousa inmunda, e se aparte de ti. 15 Non entregarás ao seu amo un escravo que veña a ti fuxindo do seu señor. 16 Habitará contigo no lugar que el escolla nalgunha das túas cidades, onde lle pareza ben e non o maltratarás. 17 Ningún fillo de Israel practicará a prostitución, feminina e masculina, de rituais paganos. 18 Non traerás á casa de Iahveh o salario que, como ofrenda en sinal de promesa, proveña da prostitución de rituais paganos, nin feminina nin masculina, porque os dous son abominación para Iahveh o teu Deus. 19 Non cobrarás interés ao teu irmán, nin sobre o alimento nin sobre calquera cousa que poida ser prestado a interés. 20 Poderás cobrar intereses ao estranxeiro pero non lle cobrarás ao teu irmán para que Iahveh o teu Deus bendígate en todo o que fagas na terra que vas posuír. 21 Se fas unha promesa a Iahveh non tardarás en pagala porque Iahveh o teu Deus certamente vaicho reclamar e sería pecado para ti. 22 Porén, se te abstés de facer unha promesa non sería pecado. 23 O que saia dos tus beizos, coidarás de cumprilo porque voluntariamente fixeches unha promesa. 24 Cando esteas na viña do teu próximo poderás comer das uvas que queiras ata encherte pero non gardarás ningunha no teu cesto. 25 Cando entres na més do deu próximo, poderás arrincar as espigas coa túa man pero non poderás pasar a fouce.