Capítulo 6

1 Por aqueles días, cando o número dos discípulos se multiplicaban, xurdiu unha queixa dos helenistas contra os xudeus, porque as súas viúvas estaban sendo descoidadas no reparto diario dos alimentos. 2 Entón os doce chamaron á congregación dos discípulos e dixeron: -Non é axeitado que abandonemos a Palabra de Deus para servir as mesas. 3 Polo tanto, irmáns, escollede de entre vós sete homes de bo nome, cheos do Espírito e da sabedoría, a quen poidamos nomear para atender este asunto. 4 En canto a nós, seguiremos sempre na oración e no ministerio da palabra. 5 O que alí se falou foi do agrado de toda a congregación, e escolleron a Estevo, un home cheo de fe e do Espítito Santo, a Nicanor, a Timón, a Pármenas e a Nicolás, un prosélito da Antioquía; 6 aos que presentaron diante dos apóstolos, e logo de orar por eles, impuxéronllelas mans. 7 E a palabra de Deus medraba, e o número dos discípulos multiplicouse grandemente en Xerusalém; e un gran número dos sacerdotes fixéronse obedientes á fe. 8 E Estevo, cheo de graza e de poder, facía grandes prodixios e sinais entre o pobo. 9 Pero levantáronse algúns da sinagoga chamada dos Libertos, tanto cireneos como alexandrinos e algúns da Cilicia e da Asia, e discutían con Estevo. 10 Pero eles non eran quen de resistir á sabedoría e o espírito co que falaba Estevo. 11 Entón eles subornaron uns homes para dicirlles: nós escoitamos a Estevo dicir palabras blasfemas contra Moisés e contra Deus. 12 Eles axitaron ao pobo e aos anciáns e escribas e enfrontáronse a Estevo, agarrárono e levárono ao sanedrín. 13 E presentaron testemuñas falsas, que dixeron: -Este home non deixa de dicir palabras contra este lugar sagrado e a Lei. 14 Porque escoitámolo dicir que este Xesús de Nazaret derrubaría este lugar e trocaría os costumes que Moisés nos deixou. 15 Todos os que estaban sentados no sanedrín fixaron os seus ollos nel e viron a súa faciana coma o rostro dun anxo.