1
E Agripa dixo a Paulo: -Permíteseche falar na túa defensa. Entón Paulo extendeu a man e comezou a sua defensa.
2
Considérome afortunado, oh, rei Agripa, de poder presentar a miña defensa perante túa con respecto a todas aquelas cousas das que me acusan os xudeus,
3
sobre todo, porque es experto en todos os costumes e controversias entre os xudeus; polo que che rogo que me escoites con paciencia.
4
Pois ben, todos os xudeus coñecen a miña vida dende a miña xuventude, que dende o principio foi entre o meu pobo en Xerusalém;
5
xa que eles me coñecen dende hai moito, se queren poden testificar que vivín como fariseo, na seita máis estrita da nosa relixión.
6
E agora, xúlgaseme pola esperanza da promesa feita por Deus aos nosos pais,
7
aquela que agardan acadar as nosas doce tribos, servindo fielmente noite e día. Por esta esperanza, maxestade, acúsanme os xudeus.
8
Por que se considera incrible entre vós que Deus resucite os mortos?
9
Eu de certo, crin que tiña que facer moito mal contra o nome de Xesús de Nazaret.
10
E iso é precisamente o que fixen en Xerusalém, non só pechei no cárcere a moitos santos coa autoridade recibida dos principais sacerdotes; senón que tamén, eu daba o meu voto na súa contra cando eran condenados a morte.
11
Castigándoos con frecuencia en tódalas sinagogas, procuraba obrigalos a blasfemar; e moi anoxado contra eles, seguía perseguíndoos aínda nas cidades estranxeiras.
12
Ocupado nestas cousas, cando ía para Damasco coa autoridade e co mandato dos principais sacerdotes,
13
cando ao mediodía, rei, indo polo camiño, vin unha luz no ceo que brillaba máis que o sol, que brillaba ao meu derredor e dos que viaxaban comigo.
14
E cando caemos todos ao chan, escoitei unha voz que me dicía en hebreo: Saulo, Saulo, por que me persegues? Cousa dura é dar couces contra o aguillón.
15
Entón dixen: quen es, Señor? E o Señor dixo: Eu son Xesús, a quen ti persegues.
16
Mais érguete e ponte en pé; porque aparecinme a ti para te chamar como servo e testemuña, non só das cousas que viches, senón tamén daquelas cousas que che amosarei;
17
librándote do pobo xudeu e dos xentís, aos que te mando,
18
para que lles abras os ollos a fin de que se volvan da escuridade á luz, da dominación de Satanás a Deus, para que reciban, pola fe en min, o perdón dos pecados e a herdanza entre os que foron santificados.
19
Polo que, oh rei Agripa, non fun desobediente á visión celestial;
20
senón que anunciaba, primeiro aos que estaban en Damasco e tamén en Xerusalém, e despois por toda a rexión da Xudea e aos xentís, que debían arrepentirse y volverse a Deus, facendo obras dignas de arrepentimento.
21
Por isto, prendéronme algúns xudeus no templo e procuraron matarme.
22
Mais coa axuda de Deus, sigo ata agora testificando tanto a pequenos como a grandes, sen me saír do que dixeron os profetas e Moisés que sucedería:
23
que o Mesías tiña que padecer, e que pola súa resurrección de entre os mortos, El tiña que ser o primeiro en proclamar a luz tanto aos xudeus coma aos xentís.
24
Mentres Paulo dicía isto na súa defensa, Festo exclamou: -Paulo, estás tolo! Tanto saber levoute á loucura!
25
Mais Paulo dixo: -Non estou tolo, excelentísimo Festo, senón que as miñas palabras son verdadeiras e asisadas.
26
O rei entende estas cousas e por iso é que lle falo con confianza, pois estou convencido de que non ignora nada disto, porque non foi feito ás agachadas.
27
Rei Agripa, cres nos profetas? Eu sei que cres.
28
E Agripa respondeu a Paulo: -A pouco máis convéncesme para facerme cristián!
29
E Paulo dixo: -Queira Deus que, por pouco ou por moito, non só ti, senón todos os que me escoitan, chegasen a ser tal e como son eu, pero fóra destas cadeas.
30
Entón o rei, Berenice e todos os que estaban sentados con eles erguéronse.
31
Mentres se retiraban, falaban entre eles, dicindo: -Este home non fixo nada que mereza a morte ou a prisión.
32
E Agripa dixo a Festo: -Este home podería quedar libre, se non tivese apelado ao César.