1
Despois de separarnos deles, embarcamos e fomos rumbo directo a Cos, ao día seguinte a Rodas, e de alí a Pátara.
2
Cando atopamos un barco cruzando sobre Fenicia, subimos a bordo e preparámonos para partir.
3
Cando avistamos Chipre, deixándoa á esquerda, navegamos cara a Siria e desembarcamos en Tiro porque a nave tiña que deixar o seu cargamento alí.
4
Despois de atopar aos discípulos, quedámonos alí sete días, e eles dicíanlle a Paulo, polo Espírito, que non fora a Xerusalém.
5
Pero pasados aqueles días partimos e emprendemos a nosa viaxe mentres que todos eles, con mulleres e fillos, nos acompañaron ata as aforas da cidade. Despois de axeonllármonos e orar na praia, despedímonos uns doutros.
6
Entón subimos no barco e eles volveron aos seus fogares.
7
Rematando a viaxe dende Tiro, chegamos a Tolemaida, e despois de saudar aos irmáns, quedamos con eles un día.
8
Ao día seguinte partimos e chegamos a Cesarea, e entrando na casa de Filipe, o evanxelista, que era un dos sete, quedámonos onda el.
9
Este tiña catro fillas solteiras que profetizaban.
10
E parando alí varios días, descendeu da Xudea certo profeta chamado Agabo,
11
quen veu vernos, e tomando o cinto de Paulo, atouse as mans e os pés e dixo: -Isto di o Espírito Santo: así atarán os xudeus en Xerusalém ao dono deste cinto, e entregarano en mans dos xentís.
12
Ao escoitar isto, tanto nós coma os que vivían alí rogabámoslle que non subise a Xerusalém.
13
Entón Paulo respostou: -Que facedes chorando e rompéndome o corazón? Porque estou listo non só para ser atado, senón tamén para morrer en Xerusalém polo nome de Xesús o Mesías.
14
Como non se deixaba convencer, desistimos, dicíndonos: que se faga a vontade do Señor.
15
Despois destes días, preparámonos e comezamos a subir cara a Xerusalém.
16
E nos acompañaron tamén algúns xudeus de Cesarea, que nos levaron a nos hospedaron con Mnasón de Chipre, un antigo discípulo.
17
Cando chegamos a Xerusalém, os irmáns recibíronnos con gozo.
18
E ao día seguinte Paulo foi connosco a ver a Xacobe e tódolos anciáns estaban presentes.
19
E despois de saudalos, comezou a contarlles con detalle as cousas que Deus fixera entre os xentís polo seu ministerio.
20
Cando eles oíron isto, louvaron a Deus e dixéronlle: -Irmán, xa ves cantos miles hai entre os xudeus que creron, pero todos son celosos da lei.
21
Contóuselles sobre ti, que ensinas a tódolos xudeus entre os xentís que se aparten de Moisés, dicíndolles que non circunciden aos seus fillos nin observen as tradicións.
22
Entón, que é o que se debe facer? Porque sen dúbida a multitude hase reunir ao ouvir que viñeches.
23
Polo tanto fai isto que che dicimos: temos catro homes que fixeron un voto;
24
cólleos e purifícate canda eles e paga os seus gastos para que se rapen a cabeza e todos saberán que non hai nada certo no que se lles dixo sobre ti, senón que ti tamén vives ordenadamente, gardando a lei.
25
Pero en canto aos xentís que creron, nós lles escribimos dicidíndolles que deben absterse do sacrificado aos ídolos, do sangue, do esganado e da fornicación.
26
Entón Paulo colleu con el os homes e ao día seguinte, purificándose canda eles, foi ao templo notificando do remate dos días de purificación, ata que o sacrificio se ofrecese por cada un deles.
27
Cando estaban a se cumprir os sete días, os xudeus da Asia, ao velo no templo, comezaron a incitar a todo o pobo e botáronlle man
28
berrando: -Israelitas, axudádenos! Este é o home que ensina a todos por todas partes contra o noso pobo, a lei e este lugar! Ademais incluso traeu gregos ao templo e profanou este lugar santo.
29
Pois anteriormente viran a Trófimo o efesio canda el na cidade e pensaban que fora Paulo quen o trouxera ao templo.
30
Alborotouse toda a cidade e a xente chegou de todas partes ás carreiras, e botándolle a man a Paulo arrastrárono fóra do templo e coa mesma pecharon as portas.
31
Mentres procuraban matalo chegou aviso ao comandante da compañía que toda Xerusalém estaba alborotada.
32
Axiña colleu con el soldados e centurións e correu cara eles; cando viron ao comandante e aos soldados, deixaron de bater en Pablo.
33
Entón o comandante chegou e prendeuno e ordenou que o ataran con dúas cadeas e preguntaba quen era e que fixera.
34
Pero a multitude estaba berrando unha cousa e outros outra e como non foi quen de averiguar os feitos por mor do barullo, ordenou que o levaran ao cuartel.
35
Cando chegou ás gradas, aconteceu que os soldados tiveron que cargalo por mor da violencia da multitude,
36
porque a multitude seguíaos berrando: que morra!
37
Cando estaban para meter a Paulo no cuartel, díxolle ao comandante: -Podo dicir algo? E el dixo:- Sabes grego?
38
Daquela non es ti o exipcio que hai tempo levantou unha revolta e sacou os catro mil homes dos asasinos ao deserto?
39
Paulo respondeu: -Eu son xudeu de Tarso da Cilicia, cidadán dunha cidade non sen importancia e suplícoche que me permitas falar ao pobo.
40
Cando o comandante lle concedeu o permiso, Paulo, de pé sobre as gradas, fixo un aceno coa man e cando houbo gran silencio faloulles na lingua hebrea dicindo: