Capítulo 18

1 Despois disto, Paulo saíu de Atenas e foi a Corinto 2 e atopouse cun xudeu que se chamaba Aquila, natural de Ponto, quen acababa de chegar de Italia con Prisca, a súa muller (pois Claudio ordenara a todos os xudeus que saísen de Roma), e foi canda eles; 3 e como el era do mesmo oficio, quedou con eles e traballaban xuntos, pois o oficio deles era facer tendas. 4 E disertaba na sinagoga tódolos días de repouso, e tentaba persuadir a xudeus e gregos. 5 Cando Silas e Timoteo descenderon da Macedonia, Paulo adicábase por completo á predicación da palabra, testemuñando solemnemente aos xudeus que Xesús era o Mesías. 6 Pero cando eles se puxeron en contra e blasfemaron, el sacudiu as súas roupas e díxolles: o voso sangue sexa sobre as vosas cabezas; eu son limpo; dende agora irei aos xentís. 7 E partindo de alí, foise a casa dun home chamado Ticio Xusto, que adoraba a Deus e a súa casa estaba preto da sinagoga. 8 Tamén Crispo, o oficial da sinagoga, creu no Señor con toda a súa casa e moitos dos corintios, ao escoitar, crían e eran bautizados. 9 E por medio dunha visión durante a noite, O Señor díxolle a Paulo: -Non temas, senón fala e non cales; 10 porque Eu estou contigo, e ninguén virá por ti para facerche mal, porque Eu teño moito pobo nesta cidade. 11 E quedou alí un ano e seis meses, ensinando a palabra de Deus entre eles. 12 Pero sendo Galión procónsul da Acaia, os xudeus levantáronse a unha contra Paulo e trouxérono ante o tribunal 13 dicindo: -Este persuade a todos a que adoren a Deus de maneira contraria á lei. 14 E cando Paulo ía falar, Galión dixo aos xudeus: -Se fose cuestión dunha inxustiza ou crime depravado, entón xudeus, eu atenderíavos como sería razoable. 15 Pero se son cuestións de palabras e nomes, e da vosa propia lei, alá vós; non estou disposto a ser o xuíz destas cousas. 16 E botounos do tribunal. 17 Entón todos eles botaron man de Sóstenes, o oficial da sinagoga, e golpeábano fronte ao tribunal, pero Galión non facía caso de nada disto. 18 E Paulo, despois de quedar moitos días máis, despediuse dos irmáns e embarcou cara a Siria, e con el ían Priscila e Aquila. E en Cencrea fíxose cortar o cabelo, porque tiña feito un voto. 19 Cando chegaron a Éfeso e deixounos alí. E entrando el na sinagoga, discutía cos xudeus. 20 Cando lle rogaron que se quedara máis tempo, non o consentiu, 21 senón que se despediu deles dicindo: -Volverei a vós outra vez, se Deus quere. E partiu a Éfeso. 22 Ao chegar á Cesarea, subiu a Xerusalém para saudar á igrexa, e logo descendeu a Antioquía. 23 E despois de pasar alí algún tempo, saíu percorrendo por orde a rexión da Galacia e da Frixia, fortalecendo a tódolos discípulos. 24 Chegou entón a Éfeso un xudeu que se chamaba Apolos, natural de Alexandría, home elocuente, e que era poderoso nas Escrituras. 25 Este fora instruído no camiño do Señor, e sendo fervente en espírito, falaba e ensinaba con exactitude as cousas referentes a Xesús, aínda que só coñecía o bautismo de Xoán. 26 E comenzou a falar valentemente na sinagoga. Pero cando o escoitaron Priscila e Aquila, levárono aparte e explicáronlle con maior exactitude o Camiño de Deus. 27 Cando el quiso pasar a Acaia, os irmáns animárono, e escribiron aos discípulos para que o recibiran; e cando chegou, axudou moito aos que por graza creran, 28 porque rebatía con rixo en público aos xudeus, demostrando polas Escrituras que Xesús era o Mesías.