Capítulo 11

1 Os apóstolos e os irmáns que estaban na Xudea escoitaron que tamén os xentís recibiran a palabra de Deus. 2 E cando Pedro subiu a Xerusalém, os da circuncisión discutían con el, 3 dicíndolle: -Ti entraches na casa dos incircuncisos e comiches con eles! 4 Entón Pedro comezou a explicarlles por orde o que sucedera, dicindo: 5 -Estaba eu orando na cidade de Iope, e tiven en éxtase unha visión: un obxecto que semellaba un grande lenzo que descendía, baixando do ceo polas catro puntas, e veu até a min. 6 Mirando para el e observándoo, vin cuadrúpedes terrestres, feras, reptís e aves do ceo. 7 Tamén ouvín unha voz que me dicía: "érguete, Pedro; mata e come". 8 Mais eu dixen: -De ningún xeito, Señor, porque nada impuro ou inmundo entrou nunca na miña boca. 9 Mais a voz do ceo falou por segunda vez: -O que Deus limpiou, non o chames impuro. 10 Isto aconteceu por tres veces, e foi recollido cara arriba ao ceo. 11 Velaí que naquel momento apareceron tres homes diante da casa onde eu estaba, que mos mandaran dende a Cesarea. 12 O Espírito ordenoume que fose con eles sen dubidar. Estes seis irmáns foron tamén comigo e entramos na casa daquel home, 13 e el contounos de como vira o anxo de pé na súa casa, que lle dixo: -Manda a alguén a Iope e fai traer a Simón, que tamén se chama Pedro; 14 el darache palabras polas que ti e maila túa casa seredes salvos. 15 Cando comecei a falar, o Espíritu Santo descendeu sobre eles, tal e como o fixo sobre nós no principio. 16 Entón lembrei as palabras do Señor, cando dixo: Xoán bautizou con auga, pero vós seredes bautizados co Espírito Santo. 17 Pois, se Deus lles concedeu o mesmo don que tamén nos deu a nós despois de crer no Señor Xesús Cristo, quen era eu para estorbar a Deus? 18 E ao ouvir isto acalmáronse e glorificaron a Deus, dicindo: -Así que Deus tamén lles concedeu aos xentís arrepentimento para a vida! 19 Agora ben, os que fuxiran pola persecución que veu despois da morte de Estevo, chegaron á Fenicia, Chipre e Antioquía, sen predicar a ninguén, senón só aos xudeus. 20 Mais algún deles, homes de Chipre e de Cirene, ao chegar á Antioquía, falaban tamén aos gregos, predicando do Señor Xesús. 21 E a man do Señor estaba con eles, e moitos creron e convertéronse ao Señor. 22 Chegaron as novas disto aos oídos da igrexa de Xerusalém e mandaron a Bernabé a Antioquía. 23 El, cando chegou e viu a graza de Deus, alegrouse e animaba a todos para que permanecesen con corazón firme, fieis ao Señor, 24 porque era un home bo e cheo do Espírito Santo e de fe. E e moitas persoas foron engadidas ao Señor. 25 Bernabé saíu cara Tarso á procura de Saulo. 26 Cando o atopou, trouxoo a Antioquía. E reuníronse coa igrexa por todo un ano, ensinando ás multitudes. E aos discípulos chamóuselles "cristiáns" por primeira vez na Antioquía. 27 Por aqueles días uns profetas descenderon de Xerusalém a Antioquía. 28 Un deles chamado Agabo, levantouse e falou polo Espíritu Santo que habería unha grande fame en toda a terra. E isto acaeceu no reinado de Claudio. 29 Entón os discípulos, conforme o que tiñan, propuxéronse mandar unha axuda para aos irmáns en Xudea. 30 E fixérono así, mandándoa aos anciáns pola man de Bernabé e Saulo.