1
Estas son as derradeiras palabras de David:
Di David, o fillo de Ixaí, e di o home que foi exaltado, o unxido do Deus de Xacob, o doce salmista de Israel:
2
O Espírito de Iahveh falou por min, e a súa palabra está na miña lingua.
3
Díxome o Deus de Israel, faloume a Rocha de Israel: -O que con xustiza goberna sobre os homes, o que goberna no temor de Deus,
4
é coma a luz da mañá cando o sol se levanta, coma nunha mañá sen nubes despois da choiva, que fai brillar a tenra herba da terra.
5
E aínda que a miña casa non fora así para Deus, El fixo comigo un pacto eterno, en todo ordenado e ben seguro, que fará prosperar os meus desexos dunha salvación completa.
6
Mais os perversos, todos eles serán coma espiños,
Que se botan fóra e ninguén recolle,
7
Ninguén se aproxima a eles, só co ferro ou con vara de lanza,
E con lume que os abrasa completamente no seu lugar.
8
Estes son os nomes dos heroes que tiña David: Ioseb-basebet tacmonita, xefe dos capitáns; este era Adino eznita, porque matou oitocentos nunha soa batalla;
9
e despois del, Elazar, fillo de Dodo ahohita, un dos tres valentes que estaban con David cando desafiaron aos filisteos que se xuntaran alí para a batalla, e os homes de Israel xa fuxiran.
10
Este levantouse e feriu aos filisteos ata que se esgotoua súa man e quedou pegada á espada; e Iahveh concedeu unha grande victoria ese día; e o pobo volveu tras del, só para recoller o botín.
11
Despois del estaba Sama, fillo de Ague ararita. Os filisteos concentráronse nunha retagarda onde había un campo cheo de lentellas, e o pobo fuxira diante dos filisteos.
12
Pero el púxose en pé no medio do campo e defendeuno, e feriu aos filisteos; e Iahveh concedeulle unha grande victoria.
13
Tamén baixaron tres dos trinta príncipes e foron a David á cova de Adulam nos días da colleita, cando unha banda de filisteos estaba acampada no val de Refaím.
14
David estaba entón na fortaleza, e unha garda dos filisteos estaba en Belén.
15
E David tivo un desexo e dixo: -Que bo sería que alguén me dera a beber auga do pozo de Belén que está xunto á porta!
16
Entón os tres heroes atravesaron o campamento dos filisteos e sacaron auga do pozo de Belén que está á porta, e levárona e trouxéronlla a David, pero el non quixo bebela, senón que a derramou como ofrenda a Iahveh.
17
E dixo: -Lonxe estea de min, Ó Iahveh, que faga isto! Beberei o sangue dos homes que a trouxeron arriscando as súas vidas? E non quixo bebela. Estas cousas fixeron os tres valentes.
18
E Abisaí, irmán de Ioab, fillo de Sarvia, era o xefe dos trinta. El lanzou a súa lanza contra trescentos e matounos, e tivo unha gran sona entre os tres.
19
El era o máis respetado dos trinta, por iso chegou a ser o seu xefe, pero non foi incluído entre os tres primeiros.
20
Máis tarde, Benaías, fillo de Ioyada, fillo dun home valente de Cabseel, home de grandes feitos, matou os dous fillos de Ariel de Moab. E el baixou nun día de neve e matou un león dentro dun foso.
21
Tamén matou a un exipcio, un home de grande estatura. E o exipcio tiña unha lanza na man; pero Benaya baixou contra el cun caxato e quitoulle a lanza da man do exipcio e matouno coa súa propia lanza.
22
Estas cousas fixo Benaías, fillo de Iohada, e tivo fama como os tres valentes.
23
El era o máis respetado entre os trinta, pero sin acadar a sona dos outros tres. E David púxoo ao frente da súa garda persoal.
24
Asael, irmán de Ioab, estaba entre os trinta; e Elhanán, fillo de Dodo de Belén,
25
Sama harodita, Elica harodita,
26
a Heles paltita, a Ira, fillo de Iques de Tecoé,
27
Abiezer anatotita, Mebunai husatita,
28
a Salmón ahohita, a Maharai netofatita,
29
Heleb, fillo de Baana netofatita; e Itai, fillo de Ribai de Guibea dos fillos de Benxamín;
30
Benaías piratonita, Hidai dos arroíos de Gaas,
31
Abi-albón arbatita, Azmavet barhumita,
32
Eliaba salbonita, os fillos de Iasén e Xonatán,
33
Sama ararita, Ahíam, fillo de Sarar ararita,
34
Elifelet, fillo de Ahasbai, fillo de Maaca, e Eliam, fillo de Ahitofel gilonita,
35
Hezrai carmelita, Paarai arbita,
36
a Igal, fillo de Natán de Soba, e a Bani gadita,
37
a Selec amonita, a Naharai Beerotita, escudeiro de Ioab, fillo de Sarvías,
38
Ira itrita, Gareb itrita,
39
Urías o hitita; en total trinta e sete.